A colleita de artistas deste curso no I.E.S. Xoán Montes foi excelente.
En outro artigo, falando de O LIBRO DE ARTISTA mencionei a unha artista, Lúa Muíño Rega. Neste artigo falarei de outras tres artistas que pululan, este curso, entre nós.
Temos outras tres artistas neste curso, o que fai que, no tocante a arte, este fora un curso moi especial e salientable:
- Martina Oliveri López de 3º ESO-A
- Celia Mosquera González de 3º ESO-B
- Ainara Castro Vera de 4º ESO-A
Tódolos debuxos e pinturas que aparecen neste artigo os podedes ver, e outros máis, en O MURO DAS IDEAS, a carón da aula de Debuxo.
Martina Oliveri López
A Martina gústanlle os retratos en escorzo, as expresións melancólicas ou intensas.
Celia Mosquera González
Celia ten alma de manga. O seu é o cómic, a creación de personaxes estraños, convulsos.
Ainara Castro Vera
Ainara é unha artista do retrato. Retratos a lapis ou a cor. Realistas, minuciosos e delicados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario