SAN VALENTIN
AMA EN GALEGO
AMOR APRESURADO
Miráchesme, miréiche, nos miramos;
Sorríchesme, sorrinme, os dous sorrimos;
Nos nosos ollos nosa imaxe vimos:
Ti nos meus, eu nos teus nos retratamos,
Desde entonces ;amor nos abrasamos;
Un mesmo gusto ou pena os dous sentimos,
E anque a paraxes diferentes imos,
Decote no camiño tropezamos.
Xa que do corazón libres dispomos,
Ós paxaros dos bosques imitemos,
Que os niños fan entre ramaxe e gomos;
Nosa doce ventura apresuremos,
Que a vida é curta e responsables somos
Do tempo tan precioso que perdemos.
Francisco Añón Paz (1966) Poesías Galegas, A Coruña.
Publicacións da Real
Academia Galega.
Con augas de sede vella
namorar eu namoreina,
meu amigo!
Con unha herba lixeira
namorar eu namoreina,
meu amigo!
Namorar eu namoreina
con unha cantiga leda,
meu amigo!
Namorar eu namoreina
con ar da primavera,
meu amigo!
Álvaro CUNQUEIRO
Por amor nacín da terra.
Por amor son o que son.
Por amor canto o meu canto,
por amor.
Por amor sángranme os pulsos
e ábreseme o corazón.
Por amor doénme os ollos.
Por amor, só por amor.
Darío Xoan CABANA
No hay comentarios:
Publicar un comentario