IES XOÁN MONTES
EDLG
CERTAME DE GRAFITIS
BASES DO CERTAME
1. Convocatoria e participantes
O ENDL DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de
graffitis,
que comprende dúas categorías:
- Categoría A, dirixida ao alumnado DOS CURSOS 1º, 2º E 3ºde Educación
Secundaria Obrigatoria matriculados no IES XOÁN MONTES
- Categoría B, alumnado de 4º DA ESO e Bacharelato, matriculados
no IES XOÁN MONTES
2. Premios e condicións
Outorgaranse dous premios por categoría
- O primeiro premio de cada categoria será de 25 euros en
material escolar
- O segundo premio de cada categoria será de 15 euros en material
escolar
3. Presentación de bosquexos.
Cada alumno/a poderá presentar un só
Graffiti, que deberá ser orixinal, inédito e non
premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e
curso do autor/a. A entrega dos mesmos efectuarase por correo
electrónico, no
enderezo ies.xoan.montes@edu.xunta,es. indicando no asunto da
mensaxe “CERTAME DE GRAFFITI”. Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar
aqueles bosquexos que atenten contra á dignidade
persoal, colectiva ou
inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de
discriminación ou resulten vexatorios.
4. Prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o día 18 ao 28 de febreiro de
2019
5. Tema.
O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no centro
educativo e na sociedade.
6. Técnica
A técnica utilizada para a realización do graffiti será calquera que o
autor/a considere oportuna e que poida ser reproducida en tañaño A3 ou
maior. Logo de ser dixitalizada, enviarase por correo electrónico ao
devandito enderezo mail. (Os primeiros e segundos permios de cada
categoría serán reproducidos en maior tamaño e expostos nos corredores do
Centro). Aqueles traballos non premiados poderán, de ser
o caso, expostos en tamaño A3 nos corredores do centro xunto aos
premiados.)
7. Xurado e fallo do concurso
O xurado do Certame estará formado por tres membros da
comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos
proxectos premiados.
Calquera das dúas categorías do certame poderá quedar deserta.
O fallo do Certame será inapelable.
A efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade
artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.
8. Dereitos de autor
Os convocantes poderán reproducir os graffitis
nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc
ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo
sempre a autoría.
Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os
traballos presentados.
9. Aceptación das bases.
A participación na presente convocatoria obriga
a aceptación destas bases. Tanto os
organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos
aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases
será
anunciada debidamente.
10. Entrega de premios
A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro e no
blog do EDLG “As Trasnadas do Xoán”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario