29 nov 2019

.POR SE FOSE DE INTERESE...



PUBLICACIÓN DA R.A.G





Estudos de Onomástica Galega III. Os alcumes



Ana Isabel Boullón Agrelo
Editor/a literario/a

Sinopse

         Os alcumes constitúen unha parte importante da antroponimia non oficial, aínda que, igual cós apelidos, están ligados á familia e adoitan transmitirse de xeración en xeración. En Galicia teñen vitalidade especialmente en ámbitos vilegos e rurais, pero, ao iren mudando os modos de vida, están comezando a minguar. Ademais, como non se consignan nos rexistros, faise necesario traballo de campo en cada zona para recadalos.
    Esta xornada proponse deitar luz sobre eles desde diversas perspectivas: a antropoloxía, os seus inicios na Idade Media, a caracterización lingüística, a súa fixación nos apelidos e unha proposta didáctica baseada nunha área de Pontevedra, A Moureira. Ademais, examinaranse os xentilicios festivos e a escolla dos nomes dos editores da Wikipedia.
      A maiores do núcleo temático central, a xornada pretende mostrar algunhas vías multidisciplinares do estudo da onomástica e a súa utilidade en a´reas distantes entre si: os estudos literarios, a botánica e a historia medieval.
Ana Boullón
fonte, r.a.g web

27 nov 2019

POESÍA CON HISTORIA

 
 A R.A.G LEMBRA EN PONTEVEDRA A PRIMEIRA COLECCIÓN QUE PUBLICOU EN GALEGO TRAS A GUERRA CIVIL
PONTEVEDRA, VENRES 22 DE NOVEMBRO DE 2019
 
A primeira colección de poesía que acubillou versos en galego tras a guerra civil naceu na Pontevedra de 1949 co nome do pirata da Moureira, Benito Soto. Entre a primavera dese ano e a de 1952 sairían do prelo de Gráficas Torres un total de 15 poemarios, grazas ao entusiasmo do fillo do propietario da imprenta, Sabino Torres (1924-2016), e os seus colegas Emilio Álvarez Negreira (1926-2002) e Manuel Cuña Novás (1926-1992). "A colección Benito Soto inaugurou unha etapa de esperanza para a poesía e para a literatura galega nun contexto histórico moi difícil, en plena ditadura de Franco. Se repasamos os títulos que a integran, vemos autores de enorme significación que son aínda hoxe referencias obrigadas da nosa literatura", salienta o presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. A institución celebrou o venres no Museo de Pontevedra, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, os 70 anos do inicio daquela aventura.
 
FONTE, RAG WEB

21 nov 2019

SIMPOSIO ANTÓN FRAGUAS

A CORUÑA
26, 27 E 28 DE NOVEMBRO
SIMPOSIO SOBRE 
ANTÓN FRAGUAS


MÁIS INFORMACIÓN 
www.academia.gal www.consellodacultura.gal www.museodopobo.gal 

VINTE COA LINGUA

XA TEMOS A NOVA EDICIÓN DO CORRELINGUA
E O NOSO CENTRO XA ESTÁ INSCRITO

                                                "VINTE COA LINGUA"


VINTE ANOS...E OS QUE VIRÁN

13 nov 2019

A NOSA LINGUA SOA EN OXFORD

A poesía de Chus Pato soará en galego e inglés na Universidade de Oxford

Os versos do último libro de poemas de Chus Pato soarán en galego e inglés na Universidade de Oxford. A académica foi convidada polo Queen's College a participar a semana que vén na súa residencia sobre escrita internacional e tradución, na que tamén está a intervir Erin Moure. Xuntas protagonizarán o 14 de novembro o recital d'Un libre favor (Galaxia, 2019), vertido ao inglés pola tradutora canadense de orixe galega como An Open Gift. Chus Pato manterá ademais un encontro co alumnado da Facultade de Linguas Modernas e Medievais.
 Fonte R.A.G.