PUBLICACIÓN
DA R.A.G
Estudos de Onomástica Galega III. Os alcumes
Ana
Isabel Boullón Agrelo
Editor/a
literario/a
Sinopse
Os
alcumes constitúen unha parte importante da antroponimia non
oficial, aínda que, igual cós apelidos, están ligados á familia e
adoitan transmitirse de xeración en xeración. En Galicia teñen
vitalidade especialmente en ámbitos vilegos e rurais, pero, ao iren
mudando os modos de vida, están comezando a minguar. Ademais, como
non se consignan nos rexistros, faise necesario traballo de campo en
cada zona para recadalos.
Esta xornada proponse deitar luz sobre eles desde diversas perspectivas: a antropoloxía, os seus inicios na Idade Media, a caracterización lingüística, a súa fixación nos apelidos e unha proposta didáctica baseada nunha área de Pontevedra, A Moureira. Ademais, examinaranse os xentilicios festivos e a escolla dos nomes dos editores da Wikipedia.
A maiores do núcleo temático central, a xornada pretende mostrar algunhas vías multidisciplinares do estudo da onomástica e a súa utilidade en a´reas distantes entre si: os estudos literarios, a botánica e a historia medieval.Ana Boullón

fonte, r.a.g web
No hay comentarios:
Publicar un comentario