EDLG XOÁN MONTES
LETRAS
GALEGAS 2021, XELA ARIAS
Durante o curso temos colgado neste blog numerosas
noticias, informacións, enlaces, materiais… sobre Xela Arias.
Nesta semana, remitimos a eles e presentamos algunha cousiña
máis, esperamos que podan ser de interese e utilidade.
CELEBREMOS
QUE A NOSA LINGUA ESTÁ VIVA!!!
VIDEO
https://www.youtube.com/watch?v=fcgrxjPcutU
A
Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de publicar no Portal da
Lingua Galega as exposicións e as guías didácticas das dúas mostras
gañadoras do Concurso-exposición das Letras Galegas deste curso:
E….
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas.
TAMÉN
NA WEB DA SECRETARÍA XERAL
Están dispoñibles nunha versión web e
noutra de calidade que é máis apropiada para descargar e imprimir. Na mesma
ligazón atoparedes outras actividades relacionadas con Xela Arias que se están
a realizar nos centros educativos.
Neste ano no que homenaxeamos a Xela
Arias, tampouco deixamos de lembrar a don Ricardo e as actuacións que aínda se
seguen desenvolvendo arredor da súa figura. Entre outras, cómpre
destacar:
A Compostela de Scórpio. A Compostela de Ricardo
Carvalho Calero: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/equipos-dinamizacion/contido_1557.html, e Cantando a
Carvalho Calero: https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0022.html.
TRASLADAMOS TAMÉN ESTA INICIATIVA
Este próximo luns, día 10 de maio, ás 17:30 horas, no salón de actos da Facultade de Formación do
Profesorado (Av. Ramón Ferreiro, s/n LUGO), terá lugar un acto en homenaxe a
Xela Arias, co gallo da conmemoración do Día das Letras Galegas 2021 á súa
traxectoria a prol da nosa lingua. No acto falarase do seu percorrido vital e
literario, e presentarase o libro Non te amola! de Xela Arias,
ilustrado por Luz Beloso e publicado na Editorial Galaxia. Non te
amola! é un libro infantil que permaneceu inédito dende a súa escrita
nos anos 90 ata este 2021, e que permite coñecer moito mellor á nena Xela,
especialmente a súa infancia en Sarria e Lugo e
as súas relacións familiares. Intervirán
Francisco Castro, editor de Galaxia, Darío Gil Arias, fillo da escritora, e
Montse Pena Presas, profesora da facultade e biógrafa de Xela Arias. Agradécese difusión.
PD: para
asistir hai que avisar o luns pola mañá no teléfono 982-821009/5 (José Manuel).
No hay comentarios:
Publicar un comentario