Inauguración da exposición 'Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia'
no Museo do Pobo Galego
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2019. A Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura en colaboración co Museo do Pobo Galego inaugurou este mércores 11 de decembro a exposición Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia. O acto tivo lugar ás 17h30 no Claustro do Museo do Pobo Galego.
Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia
Con esta mostra, a Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura adiántase á conmemoración dos 100 anos de historia da revista Nós, cuxo primeiro número ve a luz o 30 de outubro de 1920. A exposición realiza un percorrido pola significación e a obra dos principais persoeiros do Grupo Nós: Vicente Risco (director literario), Castelao (director artístico), Ramón Otero Pedrayo ou Ánxel Casal (entre outros), así coma a súa conexión co Seminario de Estudos Galegos, iniciativa importante que marca o comezo dunha ciencia multidisciplinar en galego e sobre Galiza. Cómpre engadir, que o Grupo Nós será amplamente estudado por Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedica o próximo día das Letras Galegas 2020, testemuña desta época e estudoso da obra dos principais artífices do Grupo.
FONTE, MUSEO DO POBO GALEGO WEB
No hay comentarios:
Publicar un comentario