O Escritor Paco Martín e o académico Ramón Villares, galardoados co premio Otero Pedrayo 2019
O xurado do Premio Otero Pedrayo 2019 acordou por unanimidade conceder o galardón ex aequo a Ramón Villares e a Paco Martín. O académico e o escritor recibirán o galardón nun acto que se celeb
O Premio Otero Pedrayo foi instaurado no ano 1977 e na actualidade é promovido polas catro deputacións provinciais galegas e a Xunta de Galicia. A Deputación de Lugo encárgase este ano da organización do galardón, que recoñece a dúas figuras da cultura galega con raíces nesta provincia.
Ramón Villares (Vilalba, 1951), catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, é especialista en historia agraria, cultural e política de Galicia. En 2006, ingresou na Real Academia Galega cun discurso arredor da traxectoria de Otero Pedrayo, que retomou recentemente co ensaio Fuga e retorno de Adrián Solovio (Galaxia, 2018). Como xestor, o profesor Villares foi reitor da USC (1990-1994) e presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018).
Paco Martín (Lugo, 1940) é un dos autores de referencia da literatura infantil e xuvenil en galego. O seu maior éxito chegou coa publicación do título Das cousas de Ramón Lamote, traducido a varios idiomas e polo que foi recoñecido internacionalmente. A súa traxectoria na literatura foi parella á súa actividade como docente na que destacou como promotor de movementos de renovación pedagóxica, como Nova Escola Galega, e na elaboración de materiais didácticos en galego.
FONTE, R.A.G
No hay comentarios:
Publicar un comentario