O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO
CONVOCA
CERTAME DE SKETCHS,
microrelatos,
monólogos, microteatro, etc., grabados en videos de ata 2 minutos de duración
ou grabacións de audio da mesma duración, contando un conto, lenda, relato
curto…, con motivo da celebración da semana da letras galegas, OU OUTRO MOTIVO
DE FOMENTO E USO DO GALEGO,
COAS SEGUINTES BASES
1. Convocatoria e participantes
O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de SKETCHS, para alumnado de ESO e Bacharelato, matriculados no IES XOÁN
MONTES.
2. Premios e condicións
Outorgaranse dous premios DE DISTINTA CONTIA EN
MATERIALESCOLAR
3. Presentación de bosquexos.
Cada Alumno/a O GRUPO DE
ALUMNOS/AS poderá presentar un só TRABALLO, que deberá ser orixinal, inédito e non
premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e
curso do autor/S. A entrega dos mesmos efectuarase por correo
electrónico, na dirección ies.xoan.montes@edu.xunta,es. indicando no asunto da mensaxe “CERTAME DE
SKETCHS” Os convocantes reservanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexos que
atenten contra a dignidade persoal,
colectiva ou inciten a violencia, a xenofobia, ou calquera tipo de discriminación
ou resulten vexatorios...
4. Prazo de presentación
O prazo de presentación será
dende o día 18 AO 28 DE MARZO
5. Tema.
O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega
no centro educativo e na sociedade.
6. Técnica
As grabacións serán enviadas ao
correo do Instituto en formato video ou audio.
7. Xurado e fallo do concurso
O xurado do Certame estará formado por tres membros da
comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos
proxectos premiados.
Calquera das dúas categorías do
certame poderá quedar deserta. O fallo do Certame será inapelable.
A
efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade
artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.
8. Dereitos de autor
Os traballos deberán respectar os
dereitos de autor,polo tanto au final deberán aparecer, de se lo caso, os
créditos das imaxes ou da música así como o nome do autor/a/s e o curso. Os
convocantes poderán reproducir os
TRABALLOS PRESENTADOS nas súas páxinas web, nas súas publicacións,
carteis, blogs, etc ou noutros soportes propagandístico ou informativos,
aparecendo sempre autoría. Os
participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballo
presentados.
9. Aceptación das bases.
A participación na presente
convocatoria obriga a
aceptación destas bases. Tanto os organizadores como
o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non
previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será anunciada
debidamente.
10. Entrega de premios
A data e hora de entrega de
premios será comunicada na Web do centro e no blog do ENDL “As Trasnadas do
Xoán”. nos taboleriros do Centro, etc
No hay comentarios:
Publicar un comentario