26 mar 2019

CERTAME DE CONTOS COMO CHO CONTO


O EQUIPO DE  DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO DO I.E.S. XOÁN   MONTES CONVOCA O
CERTAME DE CONTOS 

COMO CHO CONTO

Primeira.- Poderán participar todos os alumnos e alumnos deste centro.

Segunda.- Os textos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega. O tema é  libre.  A extensión deberá ser de entre dúas e cinco páxinas, formato A4, mecanografadas, con letra Times Roman en corpo 12 con interliñado de 1,5.

 Terceira.- Cada participante poderá presentar como máximo dous relatos.

Cuarta.- Os textos entregaranse, por  separado, antes do día 12  de ABRIL ,VENRES , ata as 14:30., na Secretaría do Instituto. Cada  un irá dentro dun sobre grande,  en cuxo exterior figurará, ben  visible, un lema ou pseudónimo, que  en ningún caso coincidirá co nome ou apelidos do autor. No interior deste sobre grande, ademais do texto que se presenta a concurso irá tamén  un sobre  pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema ou pseudónimo antes aludido; no interior deste sobre pequeno irá unha folla cos datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.

Quinta.- Establécense dúas categorías : 1º, 2º e 3º da Eso por unha banda e 4º da Eso e 1º e 2º de BAC por outra .En cada categoría poderán adxudicarse dous premios. Estes consistirán  en  vales por  un  importe económico utilizable para  adquirir libros, material escolar e funxible ou instrumentos de debuxo e pintura. Tamén será outorgado un diploma.

Sexta.- O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación plena das presentes bases.
                                                           

 En Lugo, 1  de abril de 2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario