O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN
DA LINGUA GALEGA DO DO I.E.S. XOÁN
MONTES CONVOCA O
CERTAME DE CONTOS
COMO CHO CONTO
Primeira.- Poderán participar todos os alumnos e
alumnos deste centro.
Segunda.- Os textos terán que ser orixinais,
inéditos e en lingua galega. O tema é
libre. A extensión deberá ser de
entre dúas e cinco páxinas, formato A4, mecanografadas, con letra Times Roman
en corpo 12 con interliñado de 1,5.
Terceira.-
Cada participante poderá presentar
como máximo dous relatos.
Cuarta.- Os textos entregaranse, por separado, antes do día 12 de ABRIL ,VENRES , ata as 14:30., na
Secretaría do Instituto. Cada un irá
dentro dun sobre grande, en cuxo
exterior figurará, ben visible, un lema
ou pseudónimo, que en ningún caso
coincidirá co nome ou apelidos do autor. No interior deste sobre grande,
ademais do texto que se presenta a concurso irá tamén un sobre
pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema ou
pseudónimo antes aludido; no interior deste sobre pequeno irá unha folla cos
datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.
Quinta.- Establécense dúas categorías : 1º, 2º
e 3º da Eso por unha banda e 4º da Eso e 1º e 2º de BAC por outra .En cada
categoría poderán adxudicarse dous premios. Estes consistirán en
vales por un importe económico utilizable para adquirir libros, material escolar e funxible
ou instrumentos de debuxo e pintura. Tamén será outorgado un diploma.
Sexta.- O fallo
do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación
plena das presentes bases.
En
Lugo, 1 de abril de 2019