14 jun 2022

VARIAS PROPOSTAS

         



Para ter en conta!!!!


Propoñémosvos algúns recursos lúdicos que quizais vos resulten útiles neste final de curso: 


-No Portal da lingua galega: 
Galicia no mundo, unha serie documental especialmente dirixida a nenos e nenas de primaria e ás súas familias, que pretende dar a coñecer os principais sinais da identidade galega 
A voz das nosas, unha curtametraxe realizada polo IES O Ribeiro de Ribadavia, co apoio da SXPL, no marco do programa Lingua rodada:

Camiñantes da diferenza, unha miniserie documental cuxo obxectivo é poñer en valor o noso patrimonio inmaterial e material, a través da ollada de persoas pertencentes a distintos colectivos:

 
 -No espazo web do Consello da Cultura Galega:
Proxector: audiovisuais en galego para a docencia, un banco de recursos de apoio para as clases en lingua galega de diversas materias, neste caso de ensino secundario: http://consellodacultura.gal/especiais/proxector/#gsc.tab=0
 
Por último, achegámosvos o programa e mais o cartel do II Encontro Álvaro Cunqueiro, un curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela que se desenvolverá en Mondoñedo o 1 e 2 de xullo e versará sobre o vínculo do escritor mindoniense con diferentes artistas, escritoras e escritores. Podedes matricularvos, ata o 17 de xuño, aquí: https://www.usc.gal/gl/servizos/cultura/veran/index.html#MONDO%C3%91EDO


23 may 2022

DE VISITAS QUE VAMOS!!!!!

 

VISITAS VIRTUAIS






 

 

DEZ LUGARES DESTACADOS

 

https://www.turismo.gal/planifica-a-tua-viaxe/visitas-virtuais?langId=gl_ES

 

 


MUSEOS DE GALICIA

 

Visitas 3D | Museos de Galicia (xunta.gal)

 

 

CASA MUSEO  DE EMILIA PARDO BAZÁN SEDE DA RAG

 

Casa Museo Emilia Pardo Bazán | Museos de Galicia (xunta.gal)

 

  

 


 

O NOSO ANIVERSARIO….

50 ANOS!!

QUEN FOI XOÁN MONTES? QUÉ É O XOÁN MONTES? QUE FAI O XOÁN MONTES?...?



 

  

IES Xoán Montes (xunta.gal)

Xoán Montes - Wikipedia, a enciclopedia libre

XOÁN MONTES • Página Principal (cancioneros.com)

 

HABERÁ MÁIS!!!!!!!

 

LETRAS GALEGAS, RUTA GALEGA...

 

LETRAS GALEGAS, RUTA GALEGA

CAMIÑO DE SANTIAGO

 

      Ademais dos actos e actividades, certames, EXPOSICIÓNS,  documentos g no noso blog…propostas para o traballo das Letras Galegas 2022 sobre Florencio Delgado Gurriarán, e que contituen O PROGRAMA DA SEMANA DAS LETRAS GALLEGAS DESENVOLVIDO NO NOSO BLOG, FACEMOS REFEENCIA Á SEGUINE ACTIVIDADE.

      Como ven sendo costume dende casi tres lustros, catorce edición  en concreto, o Profesor do noso Centro, Gerardo Baamonde Mulet, organiza, na fin de semana das Letras Galegas un CAMIÑO DE SANTIAGO. Espazo e tempo privilexiado para fundir nunha experiencia vital a paisaxe, a lingua, a interacción, o esforzo a superación!!!!

      Moitos son os alumnos e alumnas que poderon disfrutar desta experiencia ao longo destes anos. O ano 22, xacobeo, non podía ser menos, e tamén un nutrido grupo de alumnado co Profsor Gerardo Baabmonde fixeron o camiño xacobeo entre Lugo e Santiago.

Qué boa visita á lugar tan emblemático!!!!

Parabéns a todos e todas os que participaron e que dure!!!!





13 may 2022

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS




Galicia é  infinda! Nosa Galicia é máis que toda a Terra. Galicia só limita coa Saudade, elástica fronteira que serve para o tempo e para o espazo - onde un galego está, atópase ela - mais que ninguén atravesala pode inda que leve nos papeis: poeta. 
Galicia infinda  (1963)
FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN


cfr e máis textos en


11 may 2022

LETRAS GALEGAS EXPOSICIÓN E GUÍAS DIDÁCTICAS

NOVAS DE INTERESE

Lembrámosvos que no Portal da lingua galega, ademais dos recursos dos centros, xa tedes á vosa disposición as exposicións e guías didácticas das Letras Galegas de Florencio Delgado Gurriarán en formato dixital: 

10 may 2022

CERTAME DE GRAFITIS

 Como ven sendo costume un dos certames que o EDLG do noso centro leva a cabo cada curso é o de Grafitis!!!

Este ano tampouco defraudan!!!!

PARABÉNS AOS ARTISTAS!!!!



9 may 2022

PARA TRABALLAR NAS LETRAS GALEGAS 2022

 

  Mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2022

 

     Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), co fin de divulgar a figura e o legado de Florencio Delgado Gurriarán, pon á vosa disposición os carteis da exposición gañadora do Concurso-Exposición Letras Galegas, da categoría A, correspondente á educación infantil e primaria, e mais a guía didáctica correspondente. Así mesmo, ofrece unha exposición e unha guía didáctica para a educación secundaria, bacharelato, formación profesional e outras ensinanzas.

    Son recursos de utilidade para a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario de Galicia, mais tamén para a das universidades, centros de estudos galegos, centros que cursan ensinanzas de galego nas comunidades estremeiras e tamén para o público dos concellos, bibliotecas e asociacións que traballan a prol da lingua e da cultura galegas.

    A exposición gañadora na categoría A, destinada aos centros de educación infantil e primaria, é Florencio Delgado Gurriarán, poeta do agro, elaborada polo CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño, de Rubiá (Ourense): un harmonioso conxunto de carteis nos que son de salientar a orixinalidade, a calidade estética e artística e a idoneidade das diversas técnicas e materiais usados na súa elaboración, na procura de difundir a vida e a obra do poeta valdeorrés entre o alumnado máis novo.

    Na categoría B, correspondente ao resto dos centros e niveis educativos do ensino non universitario, o premio quedou deserto, mais a SXPL ofrece tamén unha serie de carteis destinados á educación secundaria, bacharelato, formación profesional e outras ensinanzas, que salientan pola súa calidade e modernidade.

    Cada unha das exposicións vén acompañada da correspondente guía didáctica, que nos permite realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra e a época do autor a quen lle renderemos homenaxe o Día das Letras Galegas, así como regras, marcadores de libros e outros materiais. Canda estas exposicións e as súas guías, tedes tamén diversos materiais que vos poden ser de utilidade.

 

ENLACE, LINGUA.GAL

 

 ENLACE E DESCARGAS