14 jun 2022

VARIAS PROPOSTAS

         



Para ter en conta!!!!


Propoñémosvos algúns recursos lúdicos que quizais vos resulten útiles neste final de curso: 


-No Portal da lingua galega: 
Galicia no mundo, unha serie documental especialmente dirixida a nenos e nenas de primaria e ás súas familias, que pretende dar a coñecer os principais sinais da identidade galega 
A voz das nosas, unha curtametraxe realizada polo IES O Ribeiro de Ribadavia, co apoio da SXPL, no marco do programa Lingua rodada:

Camiñantes da diferenza, unha miniserie documental cuxo obxectivo é poñer en valor o noso patrimonio inmaterial e material, a través da ollada de persoas pertencentes a distintos colectivos:

 
 -No espazo web do Consello da Cultura Galega:
Proxector: audiovisuais en galego para a docencia, un banco de recursos de apoio para as clases en lingua galega de diversas materias, neste caso de ensino secundario: http://consellodacultura.gal/especiais/proxector/#gsc.tab=0
 
Por último, achegámosvos o programa e mais o cartel do II Encontro Álvaro Cunqueiro, un curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela que se desenvolverá en Mondoñedo o 1 e 2 de xullo e versará sobre o vínculo do escritor mindoniense con diferentes artistas, escritoras e escritores. Podedes matricularvos, ata o 17 de xuño, aquí: https://www.usc.gal/gl/servizos/cultura/veran/index.html#MONDO%C3%91EDO


No hay comentarios:

Publicar un comentario