16 feb 2022

20 de febreiro, día internacional da lingua materna

 





Día Internacional da Lingua Materna

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2002 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, contextualizándoa na nosa comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega.

Para saber máis...

 cfr 


A lingua materna é aquela en que os nenos aprenden a falar e a relacionarse co seu contorno máis próximo. A UNESCO quere impulsar o coñecemento e a práctica das linguas maternas de menos falantes tamén na escola, nos medios de comunicación, na internet... fóra dos ámbitos en que moitas delas quedan recluídas. O Día Internacional da Lingua Materna estableceuse para sensibilizar acerca da importancia dos idiomas e da función vital que desempeñan no desenvolvemento, ao garantir a diversidade e o diálogo intercultural, así como o fortalecemento da cooperación e a consecución da educación de calidade para todos, a construción de sociedades do coñecemento integradoras e a preservación do patrimonio cultural.

A UNESCO lémbranos que «os idiomas, coa súa complexa imbricación coa identidade, a comunicación, a integración social, a educación e o desenvolvemento, son factores de importancia estratéxica para as persoas e para todo o planeta. Con todo, a causa dos procesos de globalización, pesa sobre as linguas unha ameaza cada vez maior de extinguirse (...). Coa extinción dos idiomas mingua tamén a rica urda da diversidade cultural. Pérdense posibilidades, tradicións, lembranzas, modalidades únicas de pensamento e de expresión; recursos valiosos e necesarios para lograr un futuro mellor. (...) Afortunadamente, e grazas a que se asumiu a importancia que teñen estas linguas, alcanzáronse logros en materia de educación plurilingüe baseada na lingua materna, en particular na educación primaria. Así mesmo, hai un compromiso cada vez maior para que se desenvolvan na vida pública. As sociedades multilingües e multiculturais existen a través das súas linguas, que transmiten e preservan os coñecementos e as culturas tradicionais de maneira sostible. Por iso, debemos coidar de todas as linguas”.

20 de febreiro, día internacional da lingua materna


 

PARA SABER MÁIS

13 feb 2022

UNHA DE SAN VALENTÍN...VAI DE AMORES!!!!

 

       


VAI DE AMORES...


Con augas de sede vella namorar eu namoreina, meu amigo! 

Con unha herba lixeira namorar eu namoreina, meu amigo! 

Namorar eu namoreina con unha cantiga leda, meu amigo! 

Namorar eu namoreina con ar da primavera, meu amigo

            Álvaro CUNQUEIRO

O que amo é o amor a mesma idea do amor o feito de amar as palabras coas que amo. 

Amo a miña conciencia de amar. Ámome.

                         Mª Xosé QUIEZÁN

Por amor nacín da terra. 

Por amor son o que son. 

Por amor canto o meu canto, por amor. 

Por amor sángranme os pulsos e ábreseme o corazón. 

Por amor doénme os ollos. Por amor, só por amor.

                                        Darío Xohan CABANA

 

 CFR. http://www.edu.xunta.gal/centros/cpialcaldepichel/system/files/poemas+de+amor.pdf

12 feb 2022

DÍA DE ROSALÍA, É PARA CELEBRALO


IMAXE: A NOSA CULTURA
ED. ALMIRAL, 1BARCELONA, 1981



Unidade didáctica sobre Rosalía de Castro, con información e actividades axeitadas para celebrarmos o 23 de febreiro, efeméride do nacemento da autora, co alumnado de educación secundaria e bacharelato. Tamén hai outros recursos para este nivel no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL):

7 feb 2022

información de interese

 “Bota a lingua a pacer”, o lema do Día dos Medios en Galego 2022

Cada 7 de febreiro, trala súa declaración institucional no Parlamento de Galicia, a Asociación de Medios en Galego celebra, o Día dos Medios en Galego. Unha celebración que lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente en galego, O Tío Marcos d’A Portela, en 1876. 


Desde PONTE...NAS ONDAS! queremos convidarvos a botar a lingua a pacer e que vos sumedes á celebración do DÍA MUNDIAL DA RADIO 2022. 


máis información en "PONTE...NAS ONDAS!"

http://www.pontenasondas.org/

31 ene 2022

convocatorias para ir comezando

 


 




                         


IES XOÁN MONTES, LUGO

EDLG

CERTAME DE GRAFITIS

 

BASES DO CERTAME 

 

1. Convocatoria e participantes

O EDLG DO IES XOÁN MONTES  DE LUGO convoca un CERTAME de grafitis

PARA ALUMNAS E ALUMNOS matriculados no IES XOÁN MONTES

2. Premios e condicións

PODERANSE OUTORGAR ATA CATRO PREMIOS.

3. Presentación de bosquexos.

Cada alumno/a  poderá presentar un  só GRAFITI,  que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado, NO REVERSO DO TRABALLO, co nome, apelidos e curso do autor/a. A entrega dos mesmos será na dirección de vcorreo queque.sanchez@iesxoanmontes.gal ou DIRECTAMENTE a Queque, COORDINADOR DO EDLG.

Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexo que atenten contra á dignidade persoal, colectiva ou inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios.

 

 

4. Prazo de presentación

O prazo de presentación será dende o día 7 ao 21    de febreiro de 2021.

  

5.Tema.

O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no noso centro educativo e na sociedade.

6. Técnica

A técnica utilizada para a realización do grafiti será calquera que o autor/a considere oportuna e que poida ser reproducida en tañaño, A4 A3 OS TRABALLOS PRESENTADOS POSERÁN ser expostos no blog TRASNADAS DO XOÁN OU CALQUERA OUTROS MEDIOS DIXITAIS OU NON).

7. Xurado e fallo do certame

O xurado do Certame estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.

Os premios do certame poderán quedar desertos.

O fallo do Certame será inapelable.

A efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.

 8. Dereitos de autor

Os convocantes poderán reproducir os grafitis nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc, ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría, se así o permite a lexislación sobre protección de datos vixente.

Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballos presentados.

 

 

9. Aceptación das bases.

A participación na presente convocatoria obriga  a aceptación destas bases. Tanto os organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será anunciada debidamente.

 10. Entrega de premios

A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro ou no blog do EDLG TRASNADAS DO XOÁN, OU MESO PERSOALMENTE ÁS CORRESPONDENTES PERSOAS.

 



 

   IES XOÁN MONTES, LUGO

EDLG

CERTAME DE HAIKUS

 

BASES DO CERTAME 

 

1. Convocatoria e participantes

O EDLG DO XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de HAYKUS (Xénero literario de orixe xaponés, constan de tres versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente)

PARA ALUMNAS E ALUMNOS matriculados no IES XOÁN MONTES DE LUGO

2. Premios e condicións

PODERANSE OUTORGAR ATA CATRO PREMIOS.

3. Presentación de bosquexos.

Cada alumno/a  poderá presentar un  só HAIKU,  que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado, NO REVERSO DO TRABALLO, co nome, apelidos e curso do autor/a. A entrega dos mesmos SERÁ NA DIRECCIÓN E-MAIL queque.sanchez@iesxoanmontes.gal. PODERANSER ENREGADOS TAMÉN DIRECTAMENTE A QUEQUE, COORDINADOR DO EDLG.

Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar TRABALLOS que atenten contra á dignidade persoal, colectiva ou inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios.

4. Prazo de presentación

O prazo de presentación será dende o día 7 ao 21 de febreiro de 2022.

 

 

5.Tema.

O tema versará sobre a lingua galega, o seu emprego e asúa defensa

6. Técnica

A presentación do do hayku será escrito en lingua galega, nun folio A4, podendo ser a man, ou en calquera estilo de letra mecanizada estándar.

7. Xurado e fallo do certame

O xurado do Certame estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.

Os premios do certame poderán quedar desertos.

O fallo do Certame será inapelable.

A efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.

 8. Dereitos de autor

Os convocantes poderán reproducir os haykus nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc, ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría, se así o permite a lexislación sobre protección de datos vixente.

Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballos presentados.

 

9. Aceptación das bases.

A participación na presente convocatoria obriga  a aceptación destas bases. Tanto os organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será

anunciada debidamente.

 10. Entrega de premios

A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro ou no blog do EDLG TRASNADFAS DO XOÁN ou mesmo persoalmente ás persoas correspondentes.