IES
XOÁN
MONTES, LUGO
EDLG
CERTAME DE GRAFITIS
BASES DO CERTAME
1. Convocatoria e participantes
O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de grafitis
PARA ALUMNAS E ALUMNOS matriculados no IES XOÁN MONTES
2. Premios e condicións
PODERANSE OUTORGAR ATA CATRO PREMIOS.
3. Presentación de bosquexos.
Cada alumno/a
poderá presentar un só GRAFITI, que deberá ser orixinal, inédito e non
premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado, NO REVERSO DO TRABALLO,
co nome, apelidos e curso do autor/a. A entrega dos mesmos será na
dirección de vcorreo queque.sanchez@iesxoanmontes.gal ou DIRECTAMENTE a Queque, COORDINADOR
DO EDLG.
Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar
aqueles bosquexo que atenten contra á dignidade
persoal, colectiva ou
inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de
discriminación ou resulten vexatorios.
4. Prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o día 7 ao 21 de
febreiro de 2021.
5.Tema.
O tema versará sobre o uso e a promoción da
lingua galega no noso centro educativo e na sociedade.
6. Técnica
A técnica utilizada para a realización do grafiti será
calquera que o autor/a considere oportuna e que poida ser reproducida en
tañaño, A4 A3 OS TRABALLOS PRESENTADOS POSERÁN ser expostos no blog TRASNADAS
DO XOÁN OU CALQUERA OUTROS MEDIOS DIXITAIS OU NON).
7. Xurado e fallo do certame
O xurado do Certame estará formado por tres membros da
comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos
proxectos premiados.
Os premios do certame poderán quedar desertos.
O fallo do Certame será inapelable.
A efectos do Certame o xurado valorará: a
orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao
tema do Certame.
8. Dereitos de autor
Os convocantes poderán reproducir os grafitis nas
súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc, ou noutros
soportes propagandístico ou informativos, aparecendo
sempre a autoría, se así o permite a lexislación sobre protección de
datos vixente.
Os participantes renuncian a calquera dereito de
autor sobre os traballos presentados.
9. Aceptación das bases.
A participación na presente convocatoria obriga
a aceptación destas bases. Tanto os organizadores
como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non
previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será anunciada
debidamente.
10. Entrega de premios
A data e hora de entrega de premios será comunicada na
Web do centro ou no blog do EDLG TRASNADAS DO XOÁN, OU MESO PERSOALMENTE ÁS
CORRESPONDENTES PERSOAS.
IES XOÁN MONTES, LUGO
EDLG
CERTAME DE HAIKUS
BASES DO CERTAME
1. Convocatoria e participantes
O EDLG DO XOÁN MONTES DE LUGO convoca
un CERTAME de HAYKUS (Xénero literario de orixe xaponés, constan de tres
versos sen rima, de 5, 7 e 5 sílabas, respectivamente)
PARA ALUMNAS E ALUMNOS matriculados no IES XOÁN MONTES
DE LUGO
2. Premios e condicións
PODERANSE OUTORGAR ATA CATRO PREMIOS.
3. Presentación de bosquexos.
Cada alumno/a
poderá presentar un só HAIKU, que deberá ser orixinal, inédito e non
premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado, NO REVERSO DO TRABALLO,
co nome, apelidos e curso do autor/a. A entrega dos mesmos SERÁ NA DIRECCIÓN
E-MAIL queque.sanchez@iesxoanmontes.gal. PODERANSER ENREGADOS TAMÉN
DIRECTAMENTE A QUEQUE, COORDINADOR DO EDLG.
Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar TRABALLOS
que atenten contra á dignidade persoal, colectiva ou
inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de
discriminación ou resulten vexatorios.
4. Prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o día 7
ao 21 de febreiro de 2022.
5.Tema.
O tema versará sobre a lingua galega, o seu emprego e
asúa defensa
6. Técnica
A presentación do do hayku será escrito en lingua
galega, nun folio A4, podendo ser a man, ou en calquera estilo de letra
mecanizada estándar.
7. Xurado e fallo do certame
O xurado do Certame estará formado por tres membros da
comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos
proxectos premiados.
Os premios do certame poderán quedar desertos.
O fallo do Certame será inapelable.
A efectos do Certame o xurado valorará: a
orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao
tema do Certame.
8. Dereitos de autor
Os convocantes poderán reproducir os haykus nas
súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc, ou noutros
soportes propagandístico ou informativos, aparecendo
sempre a autoría, se así o permite a lexislación sobre protección de
datos vixente.
Os participantes renuncian a calquera dereito de
autor sobre os traballos presentados.
9. Aceptación das bases.
A participación na presente
convocatoria obriga a
aceptación destas bases. Tanto os organizadores como o
xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos
nas mesmas. Calquera modificación destas bases será
anunciada debidamente.
10. Entrega de premios
A data e hora de entrega de premios será comunicada na
Web do centro ou no blog do EDLG TRASNADFAS DO XOÁN ou mesmo persoalmente ás persoas
correspondentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario