á volta das vacaións de Nadal, máis!
Cos mellores desexos...!!!!
edlg
Este é o blog do ENL do IES Xoán Montes. O nome vén dun dos personaxes máis característicos da nosa mitoloxía popular, o trasno, que ten múltiples aparencias. Como son os do noso centro? E cales son as súas trasnadas?
á volta das vacaións de Nadal, máis!
Cos mellores desexos...!!!!
edlg
Tras a recollida de suxestións, as palabras finalistas son as cinco seguintes: coada, gromo, resiliencia, tanxugueiras e vacinódromo. As persoas que desexen participar na elección popular poderán facelo ata as 23:59 horas do sábado 25 de decembro a través do Portal das Palabras, o proxecto que impulsan as dúas institución para a difusión do léxico galego.
fonte, academia.gal
A Real Academia Galega pechará o martes 14 de decembro (19:00 horas) a conmemoración dos 800 anos do nacemento de rei Afonso o Sabio cun concerto a cargo de Paloma Gutiérrez del Arroyo e Manuel Vilas. Os dous músicos interpretarán con voz e arpa a cantiga 115 das Cantigas de Santa María, unha obra singular da lírica medieval europea composta por máis de catrocentos cantares en lingua galega recollidos en catro códices. A actuación acompañarase da proxección da versión en galego moderno dos versos escolmados acompañados das miniaturas coas que se iluminaron no chamado Códice Rico. Prégase confirmación de asistencia no teléfono 981 207 308 ou no correo electrónico secretaria@academia.gal. O concerto poderá seguirse ademais en directo dende academia.gal e a canle de Youtube da RAG.
fonte: academia.gal