12 dic 2021

 

Un concerto da cantiga de Santa María 115 poralle o ramo á celebración dos 800 anos de Afonso o Sabio

A Real Academia Galega pechará o martes 14 de decembro (19:00 horas) a conmemoración dos 800 anos do nacemento de rei Afonso o Sabio cun concerto a cargo de Paloma Gutiérrez del Arroyo e Manuel Vilas. Os dous músicos interpretarán con voz e arpa a cantiga 115 das Cantigas de Santa María, unha obra singular da lírica medieval europea composta por máis de catrocentos cantares en lingua galega recollidos en catro códices. A actuación acompañarase da proxección da versión en galego moderno dos versos escolmados acompañados das miniaturas coas que se iluminaron no chamado Códice Rico. Prégase confirmación de asistencia no teléfono 981 207 308 ou no correo electrónico secretaria@academia.gal. O concerto poderá seguirse ademais en directo dende academia.gal e a canle de Youtube da RAG.

fonte: academia.gal

No hay comentarios:

Publicar un comentario