21 nov 2019

SIMPOSIO ANTÓN FRAGUAS

A CORUÑA
26, 27 E 28 DE NOVEMBRO
SIMPOSIO SOBRE 
ANTÓN FRAGUAS


MÁIS INFORMACIÓN 
www.academia.gal www.consellodacultura.gal www.museodopobo.gal 

VINTE COA LINGUA

XA TEMOS A NOVA EDICIÓN DO CORRELINGUA
E O NOSO CENTRO XA ESTÁ INSCRITO

                                                "VINTE COA LINGUA"


VINTE ANOS...E OS QUE VIRÁN

13 nov 2019

A NOSA LINGUA SOA EN OXFORD

A poesía de Chus Pato soará en galego e inglés na Universidade de Oxford

Os versos do último libro de poemas de Chus Pato soarán en galego e inglés na Universidade de Oxford. A académica foi convidada polo Queen's College a participar a semana que vén na súa residencia sobre escrita internacional e tradución, na que tamén está a intervir Erin Moure. Xuntas protagonizarán o 14 de novembro o recital d'Un libre favor (Galaxia, 2019), vertido ao inglés pola tradutora canadense de orixe galega como An Open Gift. Chus Pato manterá ademais un encontro co alumnado da Facultade de Linguas Modernas e Medievais.
 Fonte R.A.G.

12 nov 2019

CIENCIA EN GALEGO




CIENCIA EN GALEGO
NOVEMBRO


A Asemblea Xeral da ONU decidiu declarar 2019 Ano Internacional da Táboa Periódica. De acordo con isto,  Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) propón dedicarlle o Mes da Ciencia aos científicos Dmitri Mendeleiev, químico ruso que deseñou a táboa periódica, e Luis Liz Marzán,químico lucense experto en nanopartículas que recibiu en 2018 o Premio Nacional de Investigación.
Por outra banda, por ser tamén para as Nacións Unidas o Ano Internacional das Linguas Indíxenas, Igacienia quere renderlle homenaxe tamén ao lingüista norteamericano Noam Chomsky e ao historiador galego Manuel Murguía, destacado galeguista do século XIX pioneiro en atribuírlle un papel central á lingua na definición da nosa identidade colectiva e autor dunha monumental Historia de Galicia en que se percibe o seu coñecemento da investigación histórica europea do momento, o estudo e análise das fontes documentais e a toma en consideración das achegas de diversas disciplinas como a lingüística, a arqueoloxía, a paleografía ou a epigrafía para o progreso do coñecemento histórico.
Os equipos de dinamización da lingua galega traballan co seu alumnado en diferentes actividades referidas a estes persoeiros e o seu labor ou que se orientan a mostrar o valor da ciencia e da lingua galega para a súa creación e divulgación.


REFERENCIA E MÁIS INFORMACIÓN EN 
LINGUA.GAL

8 nov 2019

DÍA DAS LIBRARÍAS

DÍA DAS LIBRARÍAS

8 DE NOVEMBRO, DÍA DAS LIBRARÍAS


VISITA AS LIBRARÍAS 


FAI QUE MEDRE A NOSA LINGUA




"A día de hoxe que a informática, a robótica, o virtual, as redes...poboan o noso espazo, falar de librarías pode parecer falar do pasado. Pois non, erro. As librarías son hoxe máis que nunca lugares de encontro. Que quedou daquel libreiro profesional comprometido, sabedor disto e aquilo con ganas de transmitilo ó potencial cliente? Pois todo e máis. Hoxe as librarías son espazos culturais activos con presenza nas redes sociais, espazos onde non só consúltanse e venden libros se non que aglutinan ao redor dos mesmos colectivos de persoas con intereses comúns que atopan aí actividades, conferencias, presentacións, clubs de lectura degustando un bo café, lecturas dramatizadas, pequenos concertos ou recitais poéticos, unha performance ou reciben unha clase alternativa. Todo, absolutamente todo se pode facer hoxe nunha libraría, e aquí si podemos dicir que o tamaño non importa, só a vontade do libreiro."

REFERENCIA

https://bibliotecadegalicia.xunta.gal/gl/actualidade/avisos/dia-das-librerias

6 nov 2019

Máis Rosalía

TOMAMOS DO DIARIO "LA VOZ DE GALICIA" DO DÍA 6 DE NOVEMBRO DE 2019, EDICIÓN IMPRESA

"Rosalía de Castro, gardiá dos segredos dos bosques e do lugar da memoria"