21 mar 2019

OS ELEMENTOS...EN GALEGO



A táboa periódica publícase en galego cadrando co seu 150 aniversario


Dmitri Mendeleev presentou a súa táboa periódica en 1869. Cento cincuenta anos despois, aquela primeira achega pasou de 63 elementos a 118 e traduciuse a moitas linguas, pero ata o momento non se contaba cunha versión en galego. Desde este xoves xa é posible acceder a ela grazas á colaboración de distintas institucións. A táboa dos elementos químicos pode descargarse nesta ligazón e distribuirase en formato físico entre a comunidade científica e educativa cunha tiraxe de 13.000 exemplares.






      A edición da táboa periódica en galego é froito da colaboración do Consello da Cultura Galega, o grupo de investigación da USC CienciaNOSA, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Real Academia Galega de Ciencias e a propia Real Academia Galega, que a presentaron onte no marco dunha xornada de conmemoración do seu 150 aniversario celebrada no Consello da Cultura Galega.



A iniciativa partiu dos químicos da Universidade de Santiago de Compostela Manuel Bermejo, Ana González Noya e Marcelino Maneiro, autores do volume Guía dos elementos químicos. Historia, propiedades e aplicacións. Os tres participaron na presentación xunto ao presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; a presidenta do CCG, Rosario Álvarez; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García







(FONTE R.A.G.)

18 mar 2019

OBRADOIRO DE RADIO


EDLG XOÁN MONTES

OBRADOIRO DE RADIO EN GALEGO
 " EN GALEGO NA ONDA"

TEORÍA E PRAXE DUN PROGRAMA DE RADIO 
25 DE MARZO, LUNS

AS 11:30 hs NA AULA DE MÚSICA


COMO CREAR UNHA RADIO ESCOLAR EN CINCO PASOS

...NO AIRE, EN SÓ CINCO PASOS...

11 mar 2019

CERTAME DE SKETCHS


O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO
CONVOCA

CERTAME DE SKETCHS,
microrelatos, monólogos, microteatro, etc., grabados en videos de ata 2 minutos de duración ou grabacións de audio da mesma duración, contando un conto, lenda, relato curto…, con motivo da celebración da semana da letras galegas, OU OUTRO MOTIVO DE FOMENTO E USO DO GALEGO, 
COAS SEGUINTES BASES
1. Convocatoria e participantes
O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de SKETCHS, para alumnado de ESO e Bacharelato, matriculados no IES XOÁN MONTES.
2. Premios e condicións
Outorgaranse dous premios DE DISTINTA CONTIA EN MATERIALESCOLAR
3. Presentación de bosquexos.
Cada Alumno/a O GRUPO DE ALUMNOS/AS  poderá presentar un  só TRABALLO,  que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e curso do autor/S.  A entrega dos mesmos efectuarase por correo electrónico, na dirección   ies.xoan.montes@edu.xunta,es.  indicando no asunto da mensaxe “CERTAME DE SKETCHS” Os convocantes reservanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexos que atenten contra a dignidade persoal,  colectiva ou inciten a violencia, a xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios...
4. Prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o día 18 AO 28 DE MARZO
5. Tema.
O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no centro educativo e na sociedade.
6. Técnica
As grabacións serán enviadas  ao  correo do Instituto en formato video ou audio.
7. Xurado e fallo do concurso
O xurado do Certame estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.
Calquera das dúas categorías do certame poderá quedar deserta. O fallo do Certame será inapelable.
 A  efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.

8. Dereitos de autor
Os traballos deberán respectar os dereitos de autor,polo tanto au final deberán aparecer, de se lo caso, os créditos das imaxes ou da música así como o nome do autor/a/s e o curso. Os convocantes poderán reproducir os  TRABALLOS PRESENTADOS nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre  autoría. Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballo presentados.
9. Aceptación das bases.
A participación na presente convocatoria obriga  a   aceptación destas bases. Tanto os organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será anunciada debidamente.
10. Entrega de premios
A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro e no blog do ENDL “As Trasnadas do Xoán”. nos taboleriros do Centro, etc