O Día das Letras Galegas é unha das datas máis sinaladas no calendario cultural de Galicia, adicada cada ano a resaltar a figura dun escritor ou escritora galega que destacou pola súa contribución á nosa lingua e a nosa cultura. Neste 2024, o instituto sumouse á celebración con diversas actividades centradas na figura da homenaxeada, Luísa Villalta.
Os estudantes de 1º da ESO tiveron un papel protagonista. Baixo a coordinación da profesora Ana Rico, os alumnos embarcáronse nun proxecto de recopilación, debuxo e lectura das obras de Luísa Villalta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario