EDLG IES XOÁN MONTES
ENCONTRO DE MÚSICA E POESÍA
LUNS, 28 DE MARZO DE 2022
ESPAZO VIRTUAL BLOG “AS TRASNADAS DO
XOÁN”
MÚSICA E POESÍA
POESÍA E MÚSICA
TANTO MONTA, MONTA TANTO
Achegarse á poesía é achegarse á música, e acheagrse á música é
achegarse á poesía.
A pesía podería ser..
Unha Composición literaria, expresión artística da beleza que emprega
a palabra, o ritmo, á medida e cadencia do verso.
E a música podería ser…
A Arte de combinar os sons nunha atendendo ás leis da harmonía, a melodía e
o ritmo.
O que fai semellantes unha e outra, ademáis das definición citadas é: O
RITMO
Ainda que haxa música sen letra cantada, esta é poesía polo ritmo, a
harmonía….
Son formas de expresar a beleza mediante o ritmo, ambas teñen sons e ambas
teñen silencios…
Palabras, sons, silencios… significado e ritmo, expresión, emoción,
sentimentos, denuncia e reivindicación, grito desgarrador e nana entrañable,
amor e paixón…
Unha sen outra non atopan o norte, unha coa outra, sempre da man, sempre
falando do máis humano dos humanos.
Nestes tempos o noso ENCONTRO DE MÚSICA E POESÍA TEN QUE SER VIRTUAL, POR
MOR DA PANDEMIA. Anos atrás xuntabámonos e recitábamos música e poesía…este ano
abro o caixon de correo,
queque.sanchez@iesxoanmontes.gal
para que enviedes a vosa peza musical preferida e obra poética
que máis sexa do voso gusto, así como todas aquelas reflexiós que teñades a ben
compartir.
SAÚDE,
No hay comentarios:
Publicar un comentario