O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) organiza a xornada Aproximación á vida e á obra de Florencio Delgado Gurriarán (código fprofe G2103016). Desenvolverase os xoves, do 28 de outubro ao 18 de novembro. A data límite de inscrición en https://www.edu.xunta.gal/fprofe/ é o 27 de outubro de 2021
O 4 de novembro tamén podedes asistir aos Encontros para a Normalización Lingüística promovidos polo Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), que este ano volven ser presenciais e se van centrar na transmisión interxeracional do galego. Tedes o programa e toda a información nesta ligazón.
Por outra banda, con motivo da conmemoración do Mes da Ciencia en Galego, a Institución Galega da Ciencia (Igaciencia), en colaboración coa SXPL, ofrécevos a posibilidade de ver a videoconferencia de Senén Barro Ameneiro, director do CiTIUS na Universidade de Santiago de Compostela: "Poden pensar as máquinas?". Podedes inscribir o voso centro (ata o 31 de outubro) ou seguir o webinario por streaming a través da canle de Youtube da entidade. Tedes máis información na páxina web lingua.gal/ciencia-en-galego do Portal da lingua galega, onde tamén podedes atopar outros materiais de interese relacionados con este ámbito. Así mesmo, no web http://igaciencia.eu/gl/node/370/ atoparedes outros interesantes relatorios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario