EDLG XOÁN
MONTES
OBRADOIRO DE
RADIO EN GALEGO
"
EN GALEGO NA ONDA"
TEORÍA E PRAXE
DUN PROGRAMA DE RADIO
8 DE MARZO, LUNS
(ESTE ANO, POLA
PANDEMIA…..
NO NOSO ESPAZO
WEB BLOG
AS TRASNADAS DO XOÁN )
COMO CREAR UNHA RADIO ESCOLAR
EN CINCO PASOS
...NO AIRE, EN SÓ CINCO
PASOS...
TEORÍA E PRAXE DUN PROGRAMA DE RADIO
COMO FACER UN PROGRAMA DE RADIO ESCOLAR EN SÓ CINCHO PASOS
1. Coñecer os medios de comunicación.
Antes de comezar unha radio escolar
debedes realizar un achegamento ao proceso da comunicación e aos medios
informativos. Para iso, repasade a teoría para ter claro que son os medios de
comunicación, os tipos que hai e, sobre todo, achegádevos a eles de forma
práctica, para comprender as súas características e diferenzas e descubrir as
claves propias da radio: – Lede os xornais, impresos ou dixitais, para ver como
se contan as noticias e analizar como se estrutura un texto informativo. –
Seguide un informativo, un programa de entrevistas ou unha reportaxe en televisión
e descubride as claves da linguaxe audiovisual. – Escoitade programas de radio
de diversos tipos, debullando as características de cada un, a participación de
invitados, as entrevistas, a intervención telefónica dos oíntes e todos os
recursos que conforman un programa de radio.
2. Investigar os
tipos de programa que podedes realizar. Analizade os tipos de programas que existen nunha radio xeneralista, como
se estruturan e que formatos utiliza cada un. Entre outros que poidades
desagregar, destacan os seguintes: – Informativos – Programas de
análises/debate da actualidade – Espazos musicais – Programas culturais sobre
todo tipo de temas: cinema, literatura, teatro, temas sociais, medio ambiente,
educación etc. – Programas deportivos – Concursos ou espazos de entretemento –
Espazos dramáticos ou novelados. En esta ligazón podes ver algúns tipos de
programas e exemplos de cada un.
3. Escoller os temas que centrarán os programas. Podes organizar a radio escolar en
varios grupos e cada un deles terá que elixir o tipo de programa e o tema que
tratará. Para empezar, unha boa solución é que cada programa sexa monotemático,
de forma que se poida transmitir a información, profundar no asunto escollido e
completalo con entrevistas, reportaxes, debates ou calquera outro recurso de
interese para os alumnos. Desta maneira resultaravos moito máis sinxelo
estruturar os contidos.Tamén podes aproveitar a radio para traballar temas da
túa materia, repasar o aprendido, afianzar coñecementos e profundar en diversos
aspectos da materia. Podedes facer un programa cultural sobre a I Guerra
Mundial, un espazo de microrrelatos para traballar a lectoescritura, un
informativo en inglés, un concurso radiofónico sobre xeografía…
4. Crear o guion ou escaleta. É importante que cada grupo escriba o guion do seu programa de forma clara
e concreta. O recomendable é estruturalo en seccións de 5 minutos e comezar por
un programa curto, por exemplo, de 15 minutos. Dependendo da idade dos alumnos,
o guion pode ser máis ou menos complicado e estar máis ou menos pautado. Tamén
é esencial que os alumnos se preparen o guion antes da gravación, ensaien,
fagan probas de voz e aprendan a pronunciar e falar de forma clara e pausada.
Podedes poñer en práctica estes consellos para pasar da redacción á locución.
5. Gravar e emitir. Cando todo estea listo, só faltará preparar a gravación e/ou emisión do
voso programa. Nun estudo de radio hai moita tecnoloxía e dispositivos que
permiten a gravación, o uso de cuñas e elementos musicais ou a entrada de
intervencións en directo por teléfono. Pero grazas ás TIC, na radio escolar
poden reproducirse con imaxinación e poucos medios. Basta con utilizar un
móbil, unha tableta ou un computador e varios micrófonos para rexistrar os
sons.
Logo colgar…e xa,
emitido!!!!
Cfr. https://www.aulaplaneta.com/2016/02/22/recursos-tic/como-crear-una...
EN CONCRETO, PARA O GUIÓN, ESTAS SON AS PAUTAS:
1. Que dicir?.
2. Relación lóxica de puntos a tratar.
3. O comezo debe interesar.
4. Escribir para o oínte, visualizándoo.
5. Dicir en voz alta o que se vai a escribir.
6. Empregar unha linguaxe conversacional, de uso
cotiá
7. Empregar frases curtas.
8. Non abusar da puntuación
9. Mecanografiar a dobre espazo, con amplas marxes
e párrafos separados.
Podedes mandar os vosos traballos,tanto escritos
como gravados, a partir do 8 e marzo, á dirección:
queque.sanchez@iesxoanmontes.gal
No hay comentarios:
Publicar un comentario