O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO DO I.E.S.
XOÁN MONTES CONVOCA O
CERTAME DE CONTOS
COMO CHO CONTO
Primeira.- Poderán participar todos os alumnas e alumnos deste centro.
Segunda.- Os textos terán que ser orixinais, inéditos e en lingua galega. O tema
é libre. A extensión máxima non excederá de 3 páxinas.
Terceira.- Cada
participante poderá presentar como máximo dous relatos.
Cuarta.- Os textos entregaranse, por separado, dende o 17 ao do día 27 de marzo, venres, ás 14:30 hs na Secretaría do Instituto.
Cada un irá dentro dun sobre grande, en cuxo exterior
figurará, ben visible, un lema ou pseudónimo, que en
ningún caso coincidirá co nome ou apelidos do autor. No interior deste sobre
grande, ademais do texto que se presenta a concurso irá tamén un
sobre pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema
ou pseudónimo antes aludido; no interior deste sobre pequeno irá unha folla cos
datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.
Quinta.- PODERÁNSE OUTORGAR ATA 4 PREMIOS.
Estes consistirán en vales
por un importe económico utilizable
para adquirir MATERIAL DIDÁCTICO, , material escolar e funxible ou
instrumentos de debuxo e pintura. Tamén será outorgado un diploma.
Sexta.- O fallo do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón
a aceptación plena das presentes bases.
En Lugo, 17 de marzo de 2020
No hay comentarios:
Publicar un comentario