IES XOÁN MONTES
EDLG
CERTAME DE GRAFITIS
BASES DO CERTAME
1. Convocatoria e participantes
O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de
graffitis,
PARA ALUMNAS E ALUMNOS matriculados no IES XOÁN MONTES
2. Premios e condicións
PODERANSE OUTORGAR ATA CATRO PREMIOS.
3. Presentación de bosquexos.
Cada alumno/a poderá presentar un só
Graffiti, que deberá ser orixinal, inédito e non
premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e
curso do autor/a. A entrega dos mesmos efectuarase por correo
electrónico, no
enderezo ies.xoan.montes@edu.xunta,es. indicando no asunto da
mensaxe “CERTAME DE GRAFFITI”. Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar
aqueles bosquexos que atenten contra á dignidade
persoal, colectiva ou
inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de
discriminación ou resulten vexatorios.
4. Prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o día 5 ao 28 de febreiro de
20205. Tema.
O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no centro
educativo e na sociedade.
6. Técnica
A técnica utilizada para a realización do graffiti será calquera que o
autor/a considere oportuna e que poida ser reproducida en tañaño, A4 A3 ou
maior. Logo de ser dixitalizada, enviarase por correo electrónico ao
devandito enderezo mail. (Os primeiros e segundos permios de cada
categoría serán reproducidos en maior tamaño e expostos nos corredores do
Centro). Aqueles traballos non premiados poderán, de ser
o caso, expostos en tamaño A4 nos corredores do centro xunto aos
premiados.)
7. Xurado e fallo do concurso
O xurado do Certame estará formado por tres membros da
comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos
proxectos premiados.
Calquera das dúas categorías do certame poderá quedar deserta.
O fallo do Certame será inapelable.
A efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade
artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.
Os convocantes poderán reproducir os graffitis
nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc
ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo
sempre a autoría.
Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os
traballos presentados.
A participación na presente convocatoria obriga
a aceptación destas bases. Tanto os
organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos
aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases
será
anunciada debidamente.
A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro e no
blog do EDLG “As Trasnadas do Xoán”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario