1 jul 2024

Nova edición "Á Sombra da Muralla"

Celebramos por fin a publicación da nosa revista anual de dinamización lingüística. Este proxecto representa o esforzo conxunto de estudantes, profesores e pais que traballaron arreo para promover e revitalizar a nosa lingua. Queremos expresar un sincero agradecemento a todos os colaboradores, cuxo apoio e dedicación fixeron posible este logro. Grazas a vós, seguimos fortalecendo a nosa identidade cultural e lingüística, asegurando que a nosa lingua continúe a florecer nas novas xeracións. 

Revista "Á Sombra da Muralla" 2023-2024



20 may 2024

A Muralla: Icono da Nosa Historia e Inspiración Artística

Xa temos portada para a revista!

A muralla, ese vello gardián de pedra que rodea o noso contexto histórico e cultural, volve ser protagonista grazas ao talento emerxente de Ainara Castro. Este ano, a portada da nosa revista escolar captura a esencia deste monumento icónico, non só como parte da nosa herdanza, senón tamén como fonte de inspiración para as novas xeracións. Ainara, coa súa visión única e sensibilidade artística, ofreceunos unha interpretación que mereceu converterse na portada desta edición. 
Un ano máis, moitas grazas ao departamento de plástica e a colaboración do profesor Senén Olano.



14 may 2024

Feliz día das Letras Galegas!!

O Día das Letras Galegas é unha das datas máis sinaladas no calendario cultural de Galicia, adicada cada ano a resaltar a figura dun escritor ou escritora galega que destacou pola súa contribución á nosa lingua e a nosa cultura. Neste 2024, o instituto sumouse á celebración con diversas actividades centradas na figura da homenaxeada, Luísa Villalta.

Os estudantes de 1º da ESO tiveron un papel protagonista. Baixo a coordinación da profesora Ana Rico, os alumnos embarcáronse nun proxecto de recopilación, debuxo e lectura das obras de Luísa Villalta. 



Fotos de grupo e Orla de 2º de BAC

Fotos de fin de curso e orla de 2º de BAC: Un recordo para toda a vida

O fin de curso é sempre un momento especial para os estudantes, especialmente para aqueles que rematan o 2º de BAC. É unha época chea de emocións, despedidas e, sobre todo, de celebracións. Un dos elementos máis significativos destas celebracións son as fotos de grupo e a creación da orla, que serven como unha cápsula do tempo para recordar os compañeiros de clase e os momentos vividos xuntos.









13 may 2024

Saídas educativas e Culturais en 1º da ESO

Os días 8 e 9 de maio estiveron cargados de actividades educativas e culturais para os alumnos de 1º da ESO do noso instituto. Estas excursións non só serviron para reforzar o uso e promoción do galego, senón tamén para achegar aos nosos estudantes á rica cultura e historia de Galicia.


Correlingua: Promovendo o Galego con Enerxía e Creatividade

O mércores 8 de maio, os estudantes participaron no Correlingua, un evento deseñado para fomentar o uso do galego entre a mocidade. A xornada comezou cunha marcha entusiasta pola cidade, onde os alumnos puideron expresar o seu apoio ao idioma a través de cánticos e pancartas. Trala marcha, tivo lugar a lectura dun manifesto que reforza a importancia de manter viva a lingua galega.


Ademais, durante o evento, entregáronse diplomas aos participantes, recoñecendo o seu compromiso coa lingua e cultura galegas. A mañá rematou con varias actuacións musicais, que proporcionaron un ambiente festivo e unido.




23 abr 2024

Visita á sede de Pull&Bear

Hoxe contamos ca colaboración de Nuria Fernández López, de 1º de bacharelato C, para relatarnos a experiencia da visita á sede de Pull&Bear en Narón:

O martes 6 de febreiro durante toda a mañá visitamos a sede de Pull&Bear en Narón (A Coruña). Dende 2016 Pull&Bear conta con unha nova sede central en Narón, que cumple cos estándares medioambientales máis exixentes. Así o acredita a súa certificación Ledd Oro, o maior recoñecemento de sostenibilidade de edificios e construccións.

A empresa Pull&Bear está engolbada no sector do comercio ao por maior é ao por menor. En canto a súa forma xurídica sería unha Sociedade Anónima. Pull&Bear pertence ao grupo Iditex que o forman sete marcas comerciais: Zara, Zara Home, Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius e Oysho.

As coleccións de Pull&Bear teñen o fin de vestir a homes e mulleres xóvenes de mentalidade tendo en conta que a idade xa non é unha barreira no momento de elixir o noso vestuario.

En canto a parte de recursos humanos de Pull&Bear, os horarios son de 10:00 a 22:00. Esta empresa conta con 12.501 empleados. Para poder formar parte da empresa de pull, búscase xente que teña ganas de aprender cousas novas é tamén iniciativa e actitude. A cultura corporativa de Pull&Bear baséase no traballo en equipo, a comunicación aberta é un bó nivel de esixencia. A maior parte do equipo directivo comenzou traballando nas tendes e familiarizándose coa marca. Pull&Bear está dividida en varias seccións nas que podes traballar; nas plataformas online, departamente de sostenibilidade, nas oficinas, no departamente tecnolóxico, na área de loxística, nos equipos de producto ou en tenda. No grupo de Inditex hay 182 nacionaloidades participantes.

Foto de Beatriz López CC BY-SA

Actualmente a tecnoloxía está moi presente nos nosos días e Pull&Bear ten que estar ao día. A tecnoloxía é unha parte fundamental desde negocio, que lles permite acelerar e innovar na forma na que traballan.

Dende 2016, Pull&Bear conta coa sede central de Narón , que compre todos os estándares medioambientais máis esixentes. O parking inclúe prazas reservadas a bicicletas e coches eléctricos, tamén crearon un un amplo espacio de xardín para o uso dos empleados que se rega con auga reciclada e por último restaurouse a parcela anexa a sede utilizando especies autóctonas para dar continuidade aos hábitats esixentes da zona.

O diseño de este edificio permite o aforro enerxético é a calidade do ambiente interior garantízase con diversos sistemas e accións que permiten optimizar a calidade do aire nas oficinas.

En 1991 é cando nace a cadea de Pull&Bear e ao ano seguinte empezan a abrir tendas en Portugal. Tres anos despois en 1995 chegan a países como Malta e Grecia onde se afianzan rápidamente en ambos mercados. Dous anos despois chegan a Israel, é un ano despois esta marca únese a Xdye, que ofrece prendas deportivas é tecnolóxicas, e neste mesmo ano ábrense as primeiras tendas en Chipre. A partir do ano 2000 empezar a parecer tiendas por varias cidades e países e é no 2012 cando deciden crear unha línea masculina.

Foto de Beatriz López CC BY-SA

Foi en 2018 cando Pull&Bear lanzou a súa primeira colección cápsula Join Life, cunha etiqueta utilizada por Inditex para identificar os artículos producidos usando materiais e procesos máis sostenibles. E por últimno no ano 2019 Pull convertiuse en partner do Primavera Sound, que é un festival de músical internacionalmente coñecido.

Para eles o cliente é o centro do seu modelo de negocio, que está basado na innovación é flexibilidade. A forma de eles de entender a moda ten as bases na creatividade e no diseño de calidade e unha resposta áxil cara as demandas de mercado.

Entre as claves do éxito de Inditex a principal estratexia é priorizar as ventas sobre as ganancias e en canto a súa política de promocións internas, para os seus empleados, ten un gran papel.

Un aspecto importante sería o nome, xa que Pull&Bear significa en inglés, Pull (tira) e Bear (aguanta). A idea de atopar un nome silábico que tiña que ser fácil de recordar para a xente. Aínda que tamén podemos relacionar o nome coa idea das súas prendas e telas que son resistentes ao estirarse.

Nuria Fernández López (1º de bacharelato C)


22 abr 2024

Charla de Aresa (programa Empresa familiar nas aulas)

Hoxe contamos coa colaboración de Elena Pérez López, de 1º bacharelato C, para relatar a experiencia do pasado 15 de xaneiro:

A charla foi impartida por Carlota López, a vicedirectora da empresa Aresa. Nela explicounos que a empresa ARESA é unha empresa familiar, que quere dicir que a propiedade da empresa pertence a familia e vai de xeración en xeración. Explicou que o que caracteríza a este tipo de empresas son os valores que transmiten dunha xeracións a outras. Xeralmente, transmiten cercanía co cliente, mellora do emprendemento, liderazgo, esforzo e contratos de longa duración cos seus empleados. Ademais destes, ARESA conta cun gran compromiso cos proovedores e clientes, dalle moita importancia á tradición familiar e á innovación a través da sostenibilidad do medio ambiente.

O fundador desta empresa foi Álvaro Rodríguez Eiras no 1971 e a día de hoxe traballa nela a segunda xeración. É unha SL de Galicia que se dedica a fabricar e distribuir piensos, fertilizantes e semillas para a agricultura e a gandaría polo noroeste de España. Este grupo está composto por diferentes compañías, ARESA, que importa e envasa os fertilizantes (ten dúas marcas: FERTIMON e AGROLAND); Cecoagro, que fabrica e distribúe os piensos; Todocampo, que é unha pequena cadea de tendas de produtos agrícolas; e Uman, que se dedíca á promoción, venda e aluguer de inmobles. Esta última, forma parte da campaña de diversificación dos beneficios do grupo ARESA.

A parte disto, goza dunha participación empresarial do 30% no grupo SOAGA (que lideran outras tres familias). Este outro grupo adícase tamén á distribución de produtos agrícolas e gandeiros, e conta cunha facturación de 266 millóns de euros e 150 traballadores.

En canto ás cifras, esta empresa no 2023 tivo unha facturación de 50 millóns de euros. Conta con 15.000 m2 de superifcie entre todas as súas fábricas, ten 3 centros de produción e neles traballan 75 empleados directos e 25 indirectos, como poden ser os transportistas ou os proveedores.

Carlota López tamén nos falou sobre a organización da empresa. O primeiro pilar é o consello de administradores (liderado pola familia) que deseña a estratexia da empresa, despois está o director xeral que neste caso é alguén externo á familia, e que se ocupa do día a día e leva o área das vendas.

Por outra parte temos ao director comercial que se responsabiliza das vendas dos fertilizantes, pienso e semillas; ao director de produción de ARESA, Cecoagro e Todocampo, que se encarga da loxística, as fábricas e o mantemento destas. Ademáis, están os directores xurídicos, administrativos, laborais e de contabilidade e o director técnico e de innovación de Lugo e de Foz, que leva a cabo proxectos sostibles para o medio ambiente.

Por último, contounos os diferentes retos que tiña a empresa, centrados todos para a mellora desta. Algúns deles eran a continuidade xeneracional, a internacionalización da empresa e chegar a ofrecer nun futuro novos produtos e servizos para os seus clientes.

En concusión, foi unha actividade moi interesante e últil para aprender novas cousas sobre a xestión das empresas e poder aplicar os coñecementos dados nas clases de Economía. Por outra parte, permitiunos coñecer mellor a unha das empresas máis importantes da nosa cidade e tivemos a oportunidade de poder falar coa vicedirectora desta e preguntarlle as n
osas dúbidas.


Elena Pérez López (1º bacharelato C)