24 jun 2021

FOI TODO. BO VERÁN...!!!

......pero antes, DAR AS GRAZAS a todas as persoas da comunidade educativa que fixeron posible que as actividades deseñadas polo EDLG do noso Centro fosen levadas a bo fin. Grazas!! 


 A MODO DE DESPEDIDA COMPARTIMOS O MANIFESTO CORRELINGUA ELABORADO POR ALUMNADO DE 1º DA ESO DO NOSO CENTRO

 

21 may 2021

“Xela Arias. A Poesía do retrato” INVITACIÓN DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO TRANSMITIMOS!!!I

 

 INVITACIÓN DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO  TRANSMITIMOS!!!

 "Bo día, dende Vicepresidencia - Área de Cultura da Deputación de Lugo, queremos convidalas/os á exposición exterior “Xela Arias. A Poesía do retrato” que estará ubicada na Praza de San Marcos dende o 21 de maio ao 21 de xuño de 2021.

Hoxe, venres 21-05-2021 ás 19:30 h realizarase o acto de inauguración da exposición diante da Deputación, e contaremos cunha actuación dun grupo da Tradescola de música. As/os asistentes agasallarémolos cun catálogo da exposición.

Xela Arias é a quinta muller homenaxeada nos máis de 50 anos de celebración das Letras Galegas. Muller creadora cuxa voz singular contribuíu a renovar a poesía galega dos anos 80 en temas, estilo e forma. Unha voz profunda, reflexiva e transgresora que a través da palabra procura novos espazos para afirmar a perspectiva feminista ou para denunciar a orde social opresora.
Xela Arias representa unha muller anticipada ao seu tempo e por iso ten a capacidade de conectar coas xeracións do século XXI. Desde os seus fascinantes retratos en branco e negro, realizados por Xulio Gil, a súa mirada chea de mocidade e valentía, é capaz de espertar o interese de quen a observa.
Xela Arias supón unha oportunidade para chegar aos novos públicos da literatura galega e para reconectar a celebración das Letras coa sociedade.
Unha imaxe icónica, unha voz poderosa e aire fresco para renovar a celebración das Letras.

A exposición “Xela Arias. A Poesía do retrato” recompila unha colección de poemas da autora xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90 cando ambos os dous eran parella. Xulio foi Premio da Crítica de Galicia das Artes Plásticas 2013 e autor das imaxes máis emblemáticas de Xela. Trátase de 20 retratos en branco e negro e de excelente calidade coidadosamente seleccionados por Xosé Enrique Acuña entre as máis de 400 fotografías de Xela Arias, que forman parte do arquivo persoal do fotógrafo, hoxe doado ao fillo de ambos os dous, Darío Gil Arias.
A colección de imaxes que forman parte desta exposición permítennos mergullarnos no universo máis íntimo da autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas. Unha serie de fotografías que retratan a poeta Xela posando con determinación e sen artificios ante o obxectivo de Xulio Gil, no seu período vital dos 26 aos 40 anos. Imaxes cargadas de poesía, onde a mirada penetrante de Xela nos observa de fronte e con honestidade.
20 retratos dialogando con 20 textos poéticos. Queremos presentar unha potente interacción entre poesía e fotografia que non deixará indiferentes ás persoas visitantes.

 

Reciban un cordial saúdo."

18 may 2021

UNHA PALABRA PARA XELA ARIAS

 

Unha palabra para Xela Arias

No marco da programación institucional Letras Galegas 2021 a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha a segunda edición do espazo audiovisual Unha palabra para..., en colaboración con Arraianos Producións e coas persoas participantes, co obxectivo de celebrar as Letras Galegas 2021 e de divulgar a vida a figura e a obra da autora homenaxeada, Xela Arias Castaño.

9 may 2021

MOSTRA SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO E LINGUA

 EDLG XOÁN MONTES

MOSTRA “CAMIÑO DE SANTIAGO E LINGUA” DO 10 AO 14 DE MAIO

Estamos en Ano Xacobeo….

     


  


 



Neste  enlace poderemos atopar unha mostra completa sobre que é o camino, o que significa, as súas varientes, a súa relación coa nosa cultura!!!!

https://www.caminodesantiago.gal

 

 

A FRECHA AMARELA DE ELÍAS VALIÑA

A frecha amarela - Camiño de Santiago en Galicia: web oficial (caminodesantiago.gal)

 

CÓMIC SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO

  O Portal da Lingua Galega