9 ene 2018

MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ


O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1939 – Pontevedra, 2005). A decisión adoptouse no Pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado esta mañá na Coruña, no que tamén se nomeou académica de honra a Marina Mayoral e académicos e académicas correspondentes a Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova. Licenciada en Filoloxía Románica en Madrid, María Victoria Moreno chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, como profesora e axiña asumiu a cidadanía en galego, idioma no que enriqueceu as nosas Letras tanto na narrativa -nomeadamente a infantil e xuvenil- como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas.María Víctoria Moreno Márquez. 
"Eu non son alófona porque o que practico, se é que escribo, podería definirse coma unha amorosa autofonía (…). A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor", declaraba María Victoria Moreno, en 1993, no congreso "Poetas alófonos en lingua galega". Dúas décadas atrás, a autora publicara Mar adiante(Edicións do Castro, 1973), o seu primeiro libro en galego (ilustrado por ela mesma), un ano despois de gañar con Crarisa e o luceiro o segundo premio do Concurso Nacional de Contos Infantís do Facho. Con esta primeira novela, a profesora de orixe estremeña convertíase nunha das voces pioneiras da narración en galego destinada ao público máis novo, ao que dedicaría tamén boa parte da súa produción literaria posterior con notable recoñecemento tanto da crítica como do público.
Outro título destacado na súa traxectoria, Anagnórise (Galaxia, 1989), é un dos maiores éxitos da literatura xuvenil na nosa lingua: a novela foi incluída na listaxe de honra do IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil) en 1990 e chegaron a se editar en poucos anos vinte edicións. Pero o seu libro preferido era Leonardo e os fontaneiros (Galaxia, 1986), co que gañou o terceiro premio O Barco de Vapor de 1985. Con Gedellas de seda e liño(1999), outra das historias nas que demostra a súa capacidade de chegar ao público adolescente, entrou na prestixiosa listaxe internacional de White Ravens 2002. Un par de anos despois sairía do prelo Diario da luz e a sombra (Xerais, 2004), onde reflectiu a experiencia da enfermidade que acabou pouco despois coa súa vida, o 21 de novembro de 2005.
María Victoria Moreno soubo tamén transmitir a paixón pola lingua e a literatura como profesora, tanto nas clases de lingua galega semiclandestinas que impartía gratuitamente nos anos 70 en Pontevedra (Asociación de Amigos da Cultura, 1971-1974), Vilagarcía de Arousa (1973-1975) ou Ourense (Ateneo, 1974-1975) como nas oficiais de Lingua e literatura españolas que deu durante décadas no ensino secundario. Polas primeiras, en concreto as impartidas no Ateneo de Ourense, a Policía de Pontevedra chegou a retirarlle o pasaporte a comezos de 1975 por entender que esta institución estaba gobernada por dirixentes subversivos.
No instituto de Lugo orientou as inquedanzas lingüísticas e literarias dun dos seus alumnos, Xesús Rábade Paredes, promovendo a edición do seu primeiro libro de poemas, que lle prologou. Tras un par de anos nesta cidade e mais un tempo en Vilalonga (Sanxenxo), volveu a Pontevedra, onde seguiu engaiolando a xeracións de rapaces e rapazas, primeiro no instituto Valle-Inclán e despois no Torrente Ballester, ao que lle legou a súa biblioteca persoal.
No eido educativo asinou, ademais, libros de texto que aínda hoxe se consultan: foi coautora de Literatura [galega]. Século XX, para COU (Galaxia, 1985), e de Literarura [galega], para 3º de BUP (Galaxia, 1987). As linguas de España e Verso e prosa (Xunta de Galicia, 1991) son outros exemplos do seu traballo rigoroso no eido da didáctica. E tamén cómpre lembrar que foi mestra de mestres en cursos como os que impartiu sobre literatura galega para docentes a comezos dos 80.
A tradución é outro terreo no que María Victoria Moreno realizou achegas destacadas. Verteu obras desde o catalán, idioma co que dialogaba como filóloga e poeta, e realizou as traducións aos castelán da antoloxía bilingüe Os novísimos da poesía galega (Akal, 1973), escolma que preparou e prologou ela mesa con poemas de Margarita Ledo, Darío Xohán Cabana, Fiz Vergara Vilariño ou Xesús Rábade. Cómpre tamén lembrar outras facetas da autora, como a de libreira en Pontevedra, onde abriu xunto a outros intelectuais, en 1968, a libraría Xuntanza, unha trincheira máis para promover a literatura e espallar os libros. No eido editorial, foi ademais codirectora da colección infantil de Galaxia, Árbore, desde o seu inicio.
Fonte
R.A.G

María Victoria Moreno (pop art).png
WIKIPEDIA

21 nov 2017

ACTIVIDADES PARA O CURSO 17/18

1º TRIMESTRE
2º TRIMESTRE
3º TRIMESTRE
TODO O CURSO
-O NOSO CENTRO EN GALEGO...
-CERTAME DE GRAFITI...
-CONCURSO LITERARIO...
-TABOLEIRO...
-COLGAMOS NO TABOLEIRO...
-ENCONTRO DE MÚSICA...
-CERTAME DE SKETCHS...

-BLOG...
-COLGAMOS NO BLOG...
-CONCURSO LITERARIO...
-VISITAS CULTURAIS...

-CHARLAS...
-PLANIFICACIÓN, XESTIÓN, RECOLLIDA E TRATAMENTO DE INFORMACIÓN....
-OBRADOIRO DE TEATRO
-OBRADOIRO DE RADIO...
-ANIMACIÓN Á LECTURA...
-...
-O NOSO CENTRO EN GALEGO
-OBRADOIRO DE TEATRO
-REVISTA LITERARIA...DE ACTUALIDADE, DE INFORMACIÓN...VARIADA...INTERDISCIPLINAR
-...
-...
-...
-REUNIÓNS DO EQUIPO,DISTRIBUCIÓN DE TAREFAS...REUNIOS CONSELLO D E REDACCIÓN DA REVISTA...



-XESTIÓN DO PROXECTO E AS SÚAS ACTIVIDADES...



-SEMANA DAS LETRAS GALEGAS...

25 oct 2017

BENVIDOS AO CURSO 17/18!

Dende o EDLG saudamos ao novo curso.
Damos a benvida a todos os membros que se incorporan á comunidade educativa do IES Xoán Montes.
O blog “As trasnadas do Xoán” segue a ser lugar de concorrencia e comunicaciónn entre nós, tamén o taboleiro do vestíbulo do Centro, o noso correo electrónico, os taboleiros das aulas….a nosa revista….
Xa dende agora aproveitamos para pedir a colaboración de toda a comunidade educativa para levar a cabo esta a nosa tarefa, darlle pulo, dinamizar e pór en valor teórico-práctico á nosa lingua galega.
Grazas e saúde!!
Para calquera cousa….
Composicion do Equipo de Normalización Lingüística
Para o curso 2017-2018
PROFESORADO
Consuelo Burgo Fernández
Rosa Domínguez Pereiro
Ana Rico Gómez
ALUMNADO
+
PERSONAL NON DOCENTE
Celestino Fraga Martínez
COORDINADOR
Enrique-Luís Sánchez Arias

(Queque)

22 may 2017

PREMIOS DE CONCURSOS E CERTAMES- LETRAS GALEGAS 2017

PREMIOS DE CONCURSOS E CERTAMES



ACTOS LETRAS GALEGAS 2017


Como ben sabedes, este ano 2017 o autor homenaxeado co gallo das Letras Galegas é CARLOS CASARES. Aquí tedes o documento fotográfico co ponente Damián Villalaín que presentado por Xosé Manuel González fixeron unha charla-coloquio acerca do autor.


O pasado luns 15 de maio, o profesor de Debuxo Técnico e Educación Plástica Senén Olano, e tendo en conta a afección que Carlos Casares tiña polo cine, aí está a súa novela Ilustrísima (1980), deu unha conferencia cuxa temática foi "A linguaxe Cinematográfica" dirixida ao alumnado de 3º e 4º ESO, sempre inserta na Semana das Letras Galegas do presente curso .




3 may 2017

PROGRAMA DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

LUNS 15 DE MAIO
CONFERENCIA
“A LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA” A CARGO DO PROFESOR SENÉN OLANO

  • XIMNASIO DO CENTRO
  • 4ª HORA, DE 12:00 A 12:50
  • ALUMNADO DE 3º e 4º DA ESO

MARTES 16 DE MAIO
CHARLA-COLOQUIO
“CARLOS CASARES” A CARGO DO PROFESOR DAMIÁN VILLALAÍN, PRESENTADO POLO PROFESOR XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ

  • XIMNASIO DO CENTRO
  • 3ª HORA, DE 10:40 A 11:30
  • ALUMNADO DE 1º DE BAC

XOVES 18 DE MAIO
CONFERENCIA
“HISTORIA DO COMIC” A CARGO DO PROFESOR SENÉN OLANO

  • XIMNASIO DO CENTRO
  • 4ª HORA, DE 12:OO A 12:50
  • ALUMNADO DE 1ºE 2º DA ESO

VENRES 19 DE MAIO
ENTREGA DE PREMIOS DE CONCURSOS E CERTAMES

  • TEMPO DE LECER, DE 11:3O A 12:00
  • XIMNASIO DO CENTRO
  • PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO


EXPOSICIÓN SOBRE CARLOS CASARES NO CORREDOR DA PLANTA BAIXA

AS AULAS EN GALEGO


Este é o resultado do proxecto "O NOSO CENTRO EN GALEGO". Invitámosvos a coñecelo facendo un percorrido polas aulas específicas nas que figuran carteis nominativos deseñados polo profesor do centro Senén Olano, ao que  agradecémos polo seu traballo.