31 ene 2017

CONCURSO GRAFFITIS

Se queres participar no certame de graffitis, consulta as bases aquí.

O prazo de presentación REMATA O 6 DE MARZO.

30 ene 2017

LEMBRAMOS A CASTELAO

Tal día coma hoxe naceu Castelao no 1886. Lembrámolo con esta frase: 
"Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma".
Resultado de imagen de castelao

11 ene 2017

LETRAS GALEGAS 17

O ENDL DO IES XOÁN MONTES DESÉXAVOS UN FELIZ 2017!!!



No enlace tes unha breve historia da conmemoración do día das Letras Galegas e unha reseña sobre Carlos Casares, autor ao que se lle adica este ano. 


Resultado de imagen de Carlos Casares

7 nov 2016

NOVO CURSO, NOVO EQUIPO



Empezamos un novo curso con un novo coordinador do EDLG, Queque. 
As persoas que o acompañamos no equipo somos:

Chelo Burgo Fernández
Rosa Domínguez Pereiro
Ana Rico Gómez
Celestino Fraga Martínez
E COLABORA, COMA SEMPRE, TODO O EQUIPO DA BIBLIOTECA
Máis o alumnado

Estas son as actividades previstas para o curso:
ACTIVIDADES CURSO 16/17


22 abr 2016

AFORRANDO GAÑAMOS TODOS


CERTAME "AFORRANDO GAÑAMOS TODOS"

Alumnado ao que vai dirixido: ESO 
Data límite de entrega de traballos: 30 de maio 
Data inicio control aulas: 2 maio
Data límite control  aulas: 30 de maio
Entrega do premio: 5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIOAMBIENTE
Premio: Un único premio para a aula gañadora
Xurado: 4 profesores/as do centro


Elementos que se van valorar:

  • UN LEMA(en galego) PARA O DÍA DO MEDIOAMBIENTE: Valorarase a creatividade, a mensaxe transmitida e a orixinalidade. (Puntuarase ata 5)
  • IDEAS (en galego) PARA CONCIENCIAR E AFORRAR, reciclando, reusando e reducindo, no centro e na casa, para elaborar un plan de acción que se levará a cabo no vindeiro curso. Valorarase a orixinalidade e as posibilidades que teña o proxecto de poñerse en marcha. (Puntuarase ata 10)
  • AFORRO NA AULA e, xa postos, limpeza e orden: Valorarase   cada un dos seguintes aparados:
1.     Luces (2 controis diarios: un ao rematar a xornada e outro a unha hora non fixa ao longo da mañá)
2.     Ordenador e pantalla (Ao rematar a xornada e/ou no recreo… Avisade ao profe!!!)
3.     Limpeza (ao rematar a xornada)

Este apartado terá unha puntuación máxima global de 20 puntos.


Os venres, durante o recreo, exporase na pantalla do corredor da planta baixa o rexistro semanal por aula.





2 mar 2016

FINAL CONCURSO RECITADO POÉTICO "ROSALÍA SEMPRE VIVA"

Parabéns a Carmen Peñalver Dequidt por acadar a mención honorífica polo recitado do poema A Lúa. 
Consulta no enlace toda a información.