Consulta no enlace toda a información.
Este é o blog do ENL do IES Xoán Montes. O nome vén dun dos personaxes máis característicos da nosa mitoloxía popular, o trasno, que ten múltiples aparencias. Como son os do noso centro? E cales son as súas trasnadas?
2 mar 2016
FINAL CONCURSO RECITADO POÉTICO "ROSALÍA SEMPRE VIVA"
Parabéns a Carmen Peñalver Dequidt por acadar a mención honorífica polo recitado do poema A Lúa.
Consulta no enlace toda a información.

Consulta no enlace toda a información.
12 feb 2016
CONCURSO RECITANDO A MANUEL MARÍA
As alumnas Sara Suárez Fernández (1º ESO), Carmen Peñalver Dequidt (2º ESO) e Dánel Negro Rilo (1º BAC) son os gañadores da fase local do concurso "Recitando a Manuel María".
Noraboa a todos e moita sorte na fase final o 27 de febreiro.
Noraboa a todos e moita sorte na fase final o 27 de febreiro.
19 ene 2016
CONCURSO "FALO, ESCOITO, LEO E ESCRIBO EN GALEGO"
O EDLG convoca un concurso dirixido ao alumnado de todos os niveis. Concederase ao final de curso un premio, aínda por decidir, ao alumno que demostrara ter falado, escoitado, lido e escrito máis en
galego.
Os criterios que o os membros do EDLG aplicarán para a elección do
gañador van ser:
- Calidade e número das producións escritas publicadas no blog e na revista do centro.
- Número de libros lidos en galego.
- Producións orais en galego publicadas na radio-blog Radio Trasnadas.
13 ene 2016
CONCURSO RECITADO DE POESÍA "ROSALÍA SEMPRE VIVA"
A casa-museo Manuel
María convoca o concurso de recitado
de poesía "Rosalía sempre viva".
DESTINATARIOS: Alumnado de ESO e BAC
PROBA: Recitado dunha única poesía escollida libremente de entre a obra en galego de Rosalía de Castro ou Manuel María.
Valorarase a autenticidade e naturalidade do recitado, ton, timbre, ritmo, pausas, dicción, inflexión da voz e expresividade. Tamén se valorará a súa memorización e o seu nivel de dificultade.
FASE LOCAL
SELECCIÓN DO ALUMNADO NO CENTRO:
5 de febreiro, ás 11:30, na aula 10.
2 alumnos por nivel (ESO e BAC).
Premio: un diploma e un vale de 20 euros para gastar nunha libraría, para cada un dos seleccionados.
FASE FINAL
Casa Museo Manuel María Sábado, 27 de febreiro
Premio: 1 tablet e 1 diploma

30 sept 2015
MANUEL MARÍA -LETRAS GALEGAS 2016
No enlace podedes escoitar poemas musicados do poeta de Outeiro de Rei, Manuel María, a quen se lle adicará o día das Letras Galegas no ano 2016.
ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA CURSO 15-16
Queremos coñecer cal é a situación rela do galego no noso centro.
Para iso precisamos que cubras a seguinte enquisa.
ENLACE Á ENQUISA
. Moitas grazas pola túa colaboración.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)