30 sept 2015

MANUEL MARÍA -LETRAS GALEGAS 2016

No enlace podedes escoitar poemas musicados do poeta de Outeiro de Rei, Manuel María, a quen se lle adicará o día das Letras Galegas no ano 2016.

ENQUISA SOCIOLINGÜÍSTICA CURSO 15-16

Queremos coñecer cal é a situación rela do galego no noso centro. Para iso precisamos que cubras a seguinte enquisa. ENLACE Á ENQUISA . Moitas grazas pola túa colaboración.

15 nov 2013

NOVO CURSO, NOVO COORDINADOR, NOVO EQUIPO

Como coordinadora do EDL do curso pasado, quero presentarvos ao novo cordinador: Xosé Manuel Castro, o profe de Ciencias Sociais e Educación para a Cidadanía.
O equipo xa volo presentaremos nuns días... agardamos por máis alumnos e por algún outro profe.
Xa sabedes, animádevos a formar parte do equipo ou a participar na redacción dun novo número da revista Á sombra da muralla.

FUTUROS XORNALISTAS

Deixo o enlace do informativo humorístico presentado polos nosos alumnos de 2ª da ESO (hogano en 3º), acompañados polas súas titoras, no marco das visitas da Fundación TIC. Non é sen tempo, dirán algúns. 



27 jun 2013

FELICES VACACIÓNS!

    E antes do que pensabamos rematou o curso,  e chegou o momento das despedidas e dos agradecementos.
Moitas grazas a todos os que colaborastes, alumnos e profes.
Quero agradecerlle a súa colaboración  dun xeito especial a Xosé Lois, o profesor de Ciencias Sociais e titor do 4º-B, que nos deixa de momento: Xosé Lois, moitas grazas pola túa valiosa aportación ó EDL e oxalá poidas estar con nos o vindeiro curso.
Quedades convidados a formar parte do EDL no próximo curso e a participar activamente neste blog e na revista Á SOMBRA DA MURALLA.
Despídome ata setembro cun poema de Raúl Gómez Pato.

Contáronme nun serán de café con leite
o caso dun heroe
que marchou para Salt Lake City
          coa fame pisándolle os talóns. 
E non é de estrañar 
o asunto, 
por frecuente e tópico de tópicos, 
de non ser que pouco antes de morrer, 
entrou en coma non se sabe moi ben por que querencia, 
e deu en falar nunha xerga incomprensible. 
As enfermeiras, todas de pernas coma percebes de Malpica, 
azoradas, 
babecamente ignorantes, 
nunca se decataron de que, 
na inconsciencia da morte que se achega, 
aquel home só pedía
en galego do Ribeiro, 
unha eixada para ir rozar o océano
que illado mantíñao lonxe dos castiñeiros herdados.