Como xa todos sabedes, hogano adícaselle o Día das Letras Galegas a Roberto Vildal Bolaño, dramaturgo, actor, director, guionista…Ou, como deixou dito, “Eu son un home … que de xeito absolutamente irresponsable, persiste na teima de vivir por e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e sen embargo por iso máis grandiosas”.
Para axudar a coñecelo un pouco mellor, o EDL quere elaborar actividades para colgar no blog. Poden ser actividades de Quiz Revolution, Hot Potatoes, etc. Na páxina da Asociación Roberto Vidal Bolaño, creada para poñer en valor a obra deste autor, podedes, por exemplo, atopar a información necesaria para face-la actividade.
Este é o blog do ENL do IES Xoán Montes. O nome vén dun dos personaxes máis característicos da nosa mitoloxía popular, o trasno, que ten múltiples aparencias. Como son os do noso centro? E cales son as súas trasnadas?
30 ene 2013
11 ene 2013
OS DEPORTES DOS NOSOS ALUMNOS
Andrea Ferreiro Gómez é alumna de 2º BAC e xogadora de hóckey liña en Lugo. Practicar un deporte como este en Lugo e, por riba, sendo muller é difícil, pero non imposible. Ata é posible, con moito traballo, triunfar nel, como o demostra Andrea neste artigo.
20 dic 2012
QUE O APALPADOR VOS TRAIA UN AGASALLO
Non pode faltar no Nadal o Apalpador, o noso peculiar Papá Noel, que na noite do 24 vai apalpar as barrigas dos nenos, por ver se están mantidos, e déixalles como agasallo unha presa de castañas ou xoguetes de madeira.
Aquí tedes a Cantiga do Apalpador, que gravou Malvela. Ana Senlle púxolle música a unha letra tradicional. O video está composto con imaxes do conto O Apalpador de Xoán G.
A letra é a seguinte:
Aquí tedes a Cantiga do Apalpador, que gravou Malvela. Ana Senlle púxolle música a unha letra tradicional. O video está composto con imaxes do conto O Apalpador de Xoán G.
A letra é a seguinte:
Vaite logo, meu meniño
marcha agora para a camiña
que vai vir o apalpador
a apalparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
19 dic 2012
O GALEGO, LINGUA MORTA?
O EDL do IES de Chapela elaborou este video, que merece a pena ver. Que o disfrutedes!
LECTURAS PARA O NADAL
DOA E RAZOA
O Nadal é para compartir!
Parece o lema dun anuncio publicitario, pero os alumnos de 4º ESO-B fixérono realidade.
A semana pasada puxeron en marcha unha campaña de recollida de alimentos para unha organización humanitaria. A campaña denomínase"Doa e razoa", porque ademais de recoller donativos, tamén incitan á reflexión persoal pedindo aos doadores que escriban nunha tarxeta as razóns polas que doan.
Noraboa, rapaces, pola iniciativa e grazas por sacrificar o voso tempo de lecer.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)