Este é o blog do ENL do IES Xoán Montes. O nome vén dun dos personaxes máis característicos da nosa mitoloxía popular, o trasno, que ten múltiples aparencias. Como son os do noso centro? E cales son as súas trasnadas?
24 feb 2021
23 feb 2021
21 feb 2021
ENCONTRO MÚSICA E POESÍA
EDLG IES XOÁN MONTES
ENCONTRO DE MÚSICA E POESÍA
LUNS, 22 DE FEBREIRO DE 2021
ESPAZO VIRTUAL BLOG “AS TRASNADAS DO XOÁN”
MÚSICA E POESÍA
POESÍA E MÚSICA
TANTO MONTA, MONTA TANTO
Achegarse á poesía é achegarse á música, e acheagrse á música é achegarse á poesía.
A pesía podería ser..
Unha Composición literaria, expresión artística da beleza que emprega a palabra, o ritmo, á medida e cadencia do verso.
E a música podería ser…
A Arte de combinar os sons nunha atendendo ás leis da harmonía, a melodía e o ritmo.
O que fai semellantes unha e outra, ademáis das definición citadas é: O RITMO
Ainda que haxa música sen letra cantada, esta é poesía polo ritmo, a harmonía….
Son formas de expresar a beleza mediante o ritmo, ambas teñen sons e ambas teñen silencios…
Palabras, sons, silencios… significado e ritmo, expresión, emoción, sentimentos, denuncia e reivindicación, grito desgarrador e nana entrañable, amor e paixón…
Unha sen outra non atopan o norte, unha coa outra, sempre da man, sempre falando do máis humano dos humanos.
Este ano o noso ENCONTRO DE MÚSICA E POESÍA TEN QUE SER VIRTUAL, POR MOR DA PANDEMIA. Anos atrás xuntabámonos e recitábamos música e poesía…este ano abro o caixon de correo,
queque.sanchez@iesxoanmontes.gal
para que enviedes a vosa peza musical preferida e obra poética que máis sexa do voso gusto, así como todas aquelas reflexiós que teñades a ben compartir.
SAÚDE,
Queque
"Xeliña fala galego"
A RAG comparte "Xeliña fala galego" e reivindica a transmisión xeracional do idioma no Día da Lingua Materna
"Xeliña fala galego"
14 feb 2021
UNHA DE SAN VALENTÍN, UNHA DE ROSALÍA
VAI DE AMOR....
EU EN TI
Eu xa te
busquei
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.
Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Deus procuraba compañía
eu xa te procuraba.
Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.
Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.
Celso Emilio Ferreiro (1991) O soño sulagado. Vigo.
Edicións Xerais de Galicia.
VAI DE ROSALÍA...
¡PRA A HABANA!
I
Vendéronlle os
bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña,
deixárono soio,
coa roupa vestida.
«María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adeus, adeus, prendas
do meu corazón!»
Rosalía de Castro (1972) Follas Novas.Vigo.
Edicións Castrelos.
9 feb 2021
2 feb 2021
ACTIVIDADES E CONVOCATORIAS EDLG
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
ALGUNHAS DATAS A TER EN CONTA
SEUO
+SEMANA DAS
LETRAS GALEGAS DO 10 AO 14 DE MAIO... (CONVOCATORIAS PARA OS CONCURSOS
LITERARIOS... DO 12 DE ABRIL AO 30 DE ABRIL)
+CERTAME DE
GRAFITIS, "DEBUXA EN GALEGO" DO 5 AO 26 DE FEBREIRO
+LUNS, 22 DE FEBREIRO “ENCONTRO DE MÚSICA E POESÍA”
+CERTAME DE
SKETCHS DO 1 AO 17 DE MARZO
+CERTAME DE
CONTOS DO 15 A0 26 DE MARZO
+ LUNS, 8 DE MARZO OBRADOIRO DE RADIO
+LUNS 26 DE ABRIL OBRADOIRO ESCÉNICO E
TEATRO EN GALEGO
+MOSTRA DE
CONTOS, "NAIS E PAÍS TAMÉN CONTAN", DO 10 AO 14 DE MAIO
+MOSTRA SOBRE
TOPONIMIA E ONOMÁSTICA “A LINGUA E O HOME,” DO 10 AO 14 DE MAIO
+MOSTRA
“CAMIÑO DE SANTIAGO E LINGUA” DO 10 AO 14 DE MAIO
+MOSTRA DE
FOTOGRAFÍA “ A IMAXE TAMÉN FALA” DO 12 AO 23 DE ABRIL.
+REVISTA
DIXITAL "Á SOMBRA DA MURALLA"
|
DEBIDO A ACTUAL
SITUACIÓN PANDÉMICA, ESTAS ACTIVIDADES PODERÁN VARIAR, SER SUPRIMIDAS OU
RECONVERTIRSE, DE SELO CASO, A FORMATO ONLINE, SER REALIZADAS DE XEITO
VIRTUAL, ETC |
IES XOÁN MONTES
EDLG
CERTAME DE GRAFFITIS
BASES
DO CERTAME
1. Convocatoria e participantes
O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de
gratfitis,
PARA ALUMNAS E ALUMNOS matriculados no IES XOÁN MONTES
2. Premios e condicións
PODERANSE OUTORGAR ATA CATRO PREMIOS.
3. Presentación de bosquexos.
Cada alumno/a poderá presentar un só
Graffiti, que deberá ser orixinal, inédito e non
premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e
curso do autor/a. A entrega dos mesmos efectuarase por correo
electrónico, no enderezo
queque.sanchez@iesxoanmontes.gal.
indicando no asunto da mensaxe “CERTAME DE GRAFFITI”. Os convocantes
resérvanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexos que atenten
contra á dignidade persoal, colectiva ou
inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de
discriminación ou resulten vexatorios.
4. Prazo de presentación
O prazo de presentación será dende o día 5 ao 26 de febreiro de
2021.
5.Tema.
O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no centro
educativo e na sociedade.
6. Técnica
A técnica utilizada para a realización do graffiti será calquera que o
autor/a considere oportuna e que poida ser reproducida en tañaño, A4 A3 ou
maior. Logo de ser dixitalizada, enviarase por correo electrónico ao
devandito enderezo mail. OS TRABALLOS PRESENTADOS POSERÁN ser expostos no
blog AS TRASNADAS DO XOAN OU OUTROS MEDIOS DIXITAIS).
7. Xurado e fallo do certame
O xurado do Certame estará formado por tres membros da
comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos
proxectos premiados.
Os premios do certame poderán quedar desertos.
O fallo do Certame será inapelable.
A efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade
artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.
8. Dereitos de autor
Os convocantes poderán reproducir os graffitis
nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc, ou
noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo
sempre a autoría, se así o permite a lexislación sobre protección de
datos vixente.
Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os
traballos presentados.
9. Aceptación das bases.
A participación na presente convocatoria obriga
a aceptación destas bases. Tanto os
organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos
aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases
será
anunciada debidamente.
10. Entrega de premios
A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro ou no
blog do EDLG “As Trasnadas do Xoán”.