14 feb 2021

UNHA DE SAN VALENTÍN, UNHA DE ROSALÍA

 VAI DE AMOR....

EU EN TI

Eu xa te busquei                                                         
cando o mundo era unha pedra intaita.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Deus procuraba compañía
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma.

Celso Emilio Ferreiro (1991) O soño sulagado. Vigo. Edicións Xerais de Galicia.


VAI DE ROSALÍA...


¡PRA A HABANA!

I

Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña,
deixárono soio,
coa roupa vestida.
«María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adeus, adeus, prendas
do meu corazón!»

Rosalía de Castro (1972) Follas Novas.Vigo. Edicións Castrelos.


 

 

 

 


2 feb 2021

ACTIVIDADES E CONVOCATORIAS EDLG

 

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

ALGUNHAS DATAS A TER EN CONTA

 

SEUO

 

+SEMANA DAS LETRAS GALEGAS DO 10 AO 14 DE MAIO... (CONVOCATORIAS PARA OS CONCURSOS LITERARIOS... DO 12 DE ABRIL AO 30 DE ABRIL)

 

+CERTAME DE GRAFITIS, "DEBUXA EN GALEGO" DO 5 AO 26 DE FEBREIRO


+LUNS, 22 DE FEBREIRO “ENCONTRO DE MÚSICA E POESÍA”

 

+CERTAME DE SKETCHS DO 1 AO 17 DE MARZO

 

+CERTAME DE CONTOS DO 15 A0 26 DE MARZO


+ LUNS, 8 DE MARZO OBRADOIRO DE RADIO


+LUNS  26 DE ABRIL OBRADOIRO ESCÉNICO E TEATRO EN GALEGO

 

+MOSTRA DE CONTOS, "NAIS E  PAÍS TAMÉN CONTAN", DO 10 AO 14 DE MAIO

 

+MOSTRA SOBRE TOPONIMIA E ONOMÁSTICA “A LINGUA E O HOME,” DO 10 AO 14 DE MAIO

 

+MOSTRA “CAMIÑO DE SANTIAGO E LINGUA” DO 10 AO 14 DE MAIO

 

+MOSTRA DE FOTOGRAFÍA “ A IMAXE TAMÉN FALA” DO 12 AO 23 DE ABRIL.

+REVISTA DIXITAL "Á SOMBRA DA MURALLA"

 

DEBIDO A ACTUAL SITUACIÓN PANDÉMICA, ESTAS ACTIVIDADES PODERÁN VARIAR, SER SUPRIMIDAS OU RECONVERTIRSE, DE SELO CASO, A FORMATO ONLINE, SER REALIZADAS DE XEITO VIRTUAL, ETC

 

 





IES XOÁN MONTES

EDLG

CERTAME DE GRAFFITIS

 

BASES DO CERTAME 

 

1. Convocatoria e participantes

O EDLG DO IES XOÁN MONTES DE LUGO convoca un CERTAME de gratfitis,

PARA ALUMNAS E ALUMNOS matriculados no IES XOÁN MONTES

2. Premios e condicións

PODERANSE OUTORGAR ATA CATRO PREMIOS.

3. Presentación de bosquexos.

Cada alumno/a  poderá presentar un  só Graffiti,  que deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. Cada bosquexo irá identificado co nome, apelidos e curso do autor/a. A entrega dos mesmos efectuarase por correo electrónico, no enderezo  

queque.sanchez@iesxoanmontes.gal. 

indicando no asunto da mensaxe “CERTAME DE GRAFFITI”. Os convocantes resérvanse o dereito de rexeitar aqueles bosquexos que atenten contra á dignidade persoal, colectiva ou inciten á violencia, á xenofobia, ou calquera tipo de discriminación ou resulten vexatorios.

4. Prazo de presentación

O prazo de presentación será dende o día 5 ao 26 de febreiro de 2021.

 

5.Tema.

O tema versará sobre o uso e a promoción da lingua galega no centro educativo e na sociedade.

6. Técnica

A técnica utilizada para a realización do graffiti será calquera que o autor/a considere oportuna e que poida ser reproducida en tañaño, A4 A3 ou maior. Logo de ser dixitalizada, enviarase por correo electrónico ao devandito enderezo mail. OS TRABALLOS PRESENTADOS POSERÁN ser expostos no blog AS TRASNADAS DO XOAN OU OUTROS MEDIOS DIXITAIS).

7. Xurado e fallo do certame

O xurado do Certame estará formado por tres  membros da comunidade educativa. O xurado procederá á elección dos proxectos premiados.

Os premios do certame poderán quedar desertos.

O fallo do Certame será inapelable.

A efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.

 8. Dereitos de autor

Os convocantes poderán reproducir os graffitis

nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc, ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría, se así o permite a lexislación sobre protección de datos vixente.

Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballos presentados.

 

9. Aceptación das bases.

A participación na presente convocatoria obriga

 a aceptación destas bases. Tanto os

organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será

anunciada debidamente.

 10. Entrega de premios

A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro ou no blog do EDLG “As Trasnadas do Xoán”.

 

 






23 ene 2021

CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

 COMPARTIMOS PROGRAMA DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO POR SE FOSE DO VOSO INTERESE


Prezada/o profesora/o:

Poñémonos en contacto con vós, a pesares da actual situación sanitaria que nos impide vernos en persoa, para informarvos das novas visitas interactivas en liña ao Salón Teatro para centros educativos. (Enviamos información adxunta).

                Este novo programa de visitar fai posible que continuemos ofrecendo ao centros de ensino de Galicia un servizo de gran potencial educativo e tamén reforzar a nosa aposta por achegar a cultura a vós aproveitando o uso das novas tecnoloxías

                Co programa educativo ?Os segredos do Salón Teatro? queremos tamén compartir convosco a conmemoración do Centenario do Salón Teatro, edificio no que temos a nosa sede desde hai 22 anos e que xa compartimos en numerosas ocasión con moitos centros de ensino de toda Galicia.

                Esperamos afondar nos coñecementos sobre o edificio e a historia do Centro Dramático Galego, e que sirva tamén para orientar e abrir novos campos profesionais para o alumnado que queira desenvolver nun futuro as numerosas profesión artísticas e técnicas que interveñen na creación dun espectáculo teatral a nivel profesional.

Comezamos con moitísima ilusión esta experiencia novidosa para todos, que iremos perfeccionando e enriquecendo coa práctica e as vosas achegas ao longo deste curso.

O plan de visitas darán comezo todos os mércores desde o mes de febreiro ata maio de 2021 (salvo festivos) con dúas conexión diarias. A conexión farase a través da plataforma WEBINAR (Seminario en Liña) que permite a conexión con varias aulas dun mesmo centro e incluso con varios centros diferentes de distintas localidades ao mesmo tempo.  

As visitas serán ás 10:30 horas (para primaria) e ás 12:30 horas (para secundaria e bacharelato) nas seguintes datas:

- Días 3, 10 e 24 de febreiro

- Días 3, 10, 17 e 24 de marzo

- Días 7, 14, 21 e 28 de abril

- Dias 5, 12, 19 e 26 de maio

 

Se estades interesados nesta actividades podedes facer a vosa reserva telefonicamente no 881 867 229 (de 9 a 14 h) ou a través do enderezo electrónico centro.dramatico.galego@xunta.gal. O prazo de inscrición estará aberto a partires do día 18 de xaneiro. As reservas anotaranse por rigoroso orde de solicitude.

 

Esperando que o noso traballo sexa do voso interese, recibide un agarimoso saúdo escénico,

 

 

 

Centro Dramático Galego

17 ene 2021

PALABRAS NA RÚA EN LUGO

 

As palabras do ano distinguirán unha rúa de Lugo

A elección da Palabra do Ano promovida polo Portal das Palabras deixará pegada nunha rúa de Lugo. O goberno municipal anunciou que os termos elixidos por votación popular na iniciativa creada en 2014 pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié serán inseridos no pavimento dunha rúa emblemática, indicando tamén o ano en que foron escollidas.

 

Fonte

academia.gal