Xa temos gañadores do concurso de grafitis....
Este é o blog do ENL do IES Xoán Montes. O nome vén dun dos personaxes máis característicos da nosa mitoloxía popular, o trasno, que ten múltiples aparencias. Como son os do noso centro? E cales son as súas trasnadas?
11 abr 2018
4 abr 2018
BASES CONCURSOS LETRAS GALEGAS
CERTAME DE CONTOS “COMO CHO CONTO”
Primeira.- Poderán participar todos os alumnos e
alumnos deste centro.
Segunda.- Os textos terán que ser orixinais,
inéditos e en lingua galega. O tema é
libre. A extensión deberá ser de
entre dúas e cinco páxinas, formato A4, mecanografadas, con letra Times Roman
en corpo 12 con interliñado de 1,5.
Terceira.-
Cada participante poderá presentar
como máximo dous relatos.
Cuarta.- Os textos entregaranse, por separado, antes do día 3 de maio, XOVES, ata
as 14:30., na Secretaría do Instituto. Cada
un irá dentro dun sobre grande,
en cuxo exterior figurará, ben
visible, un lema ou pseudónimo, que
en ningún caso coincidirá co nome ou apelidos do autor. No interior
deste sobre grande, ademais do poema que se presenta a concurso irá tamén un sobre
pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema ou
pseudónimo antes aludido; no interior deste sobre pequeno irá unha folla cos
datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.
Quinta.- Establécense tres categorías : Primeiro Ciclo da ESO,
Segundo Ciclo da ESO e
Bacharelato. En cada categoría poderán adxudicarse tres premios. Estes
consistirán en valen por
un importe económico utilizable
para adquirir libros, material escolar e
funxible ou instrumentos de debuxo e pintura. Tamén será outorgado un diploma.
Sexta.- O fallo
do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación
plena das presentes bases.
CERTAME DE POESÍA
Primeira.- Poderán participar todos os alumnos e
alumnos deste centro.
Segunda.- Os textos terán que ser orixinais,
inéditos e en lingua galega.
Terceira.-
Cada participante poderá
presentar como máximo dous poemas.
Cuarta.- Os textos entregaranse, por separado, antes do día 3 de maio, XOVES, ata
as 14:30., na Secretaría do Instituto. Cada
un irá dentro dun sobre grande,
en cuxo exterior figurará, ben
visible, un lema ou pseudónimo, que
en ningún caso coincidirá co nome ou apelidos do autor. No interior
deste sobre grande, ademais do poema que se presenta a concurso irá tamén un sobre
pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema ou
pseudónimo antes aludido; no interior deste sobre pequeno irá unha folla cos
datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.
Quinta.- Establécense tres categorías : Primeiro Ciclo da ESO,
Segundo Ciclo da ESO e
Bacharelato. En cada categoría poderán adxudicarse tres premios. Estes
consistirán en vales por
un importe económico utilizable
para adquirir libros, material escolar e
funxible ou instrumentos de debuxo e pintura. Tamén será outorgado un diploma.
Sexta.- O fallo
do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación
plena das presentes bases.
CERTAME DE NARRATIVA
Primeira.- Poderán participar todos os alumnos e
alumnos deste centro.
Segunda.- Os textos terán que ser orixinais,
inéditos e en lingua galega. O tema é
libre. A extensión deberá ser de
entre dúas e cinco páxinas, formato A4, mecanografadas, con letra Times Roman
en corpo 12 con interliñado de 1,5.
Terceira.-
Cada participante poderá presentar
como máximo dous relatos.
Cuarta.- Os textos entregaranse, por separado, antes do día 3 de maio, XOVES, ata
as 14:30., na Secretaría do Instituto. Cada
un irá dentro dun sobre grande,
en cuxo exterior figurará, ben
visible, un lema ou pseudónimo, que
en ningún caso coincidirá co nome ou apelidos do autor. No interior
deste sobre grande, ademais do poema que se presenta a concurso irá tamén un sobre
pequeno, en cuxa parte exterior consignarase así mesmo o lema ou
pseudónimo antes aludido; no interior deste sobre pequeno irá unha folla cos
datos do autor: nome, apelidos, curso e grupo.
Quinta.- Establécense tres categorías : Primeiro Ciclo da ESO,
Segundo Ciclo da ESO e
Bacharelato. En cada categoría poderán adxudicarse tres premios. Estes
consistirán en valen por
un importe económico utilizable
para adquirir libros, material escolar e
funxible ou instrumentos de debuxo e pintura. Tamén será outorgado un diploma.
Sexta.- O fallo
do xurado será inapelable. A presentación ao certame presupón a aceptación
plena das presentes bases.
En Lugo, 3 de abril
de 2018.
6 mar 2018
TEORÍA E PRAXE DUN ESPAZO DE RADIO
MÉRCORES,
7 DE MARZO
EDLG
IES XOÁN MONTES
TEMPO DE LECER
AULA DE MÚSICA
PERSOA DE
CONTACTO, QUEQUE
27 feb 2018
DÍA DE ROSALIA, LEMBRANDO A ROSALIA NO SEU 181 ANIVERSARIO
O número de documentos conservados na
Real Academia Galega dispoñibles en versión dixital a través de Galiciana segue
a medrar. O Arquivo da institución ofrece no Arquivo Dixital de Galicia (https://arquivo.galiciana.gal) os retratos que conserva de Rosalía de Castro
(1837-1885), escritora fundacional das nosas letras contemporáneas da que se
celebrará o vindeiro 24 de febreiro o 181 aniversario do seu nacemento.
A maioría dos documentos incorporados son fotografías
da autora en distintos momentos da súa vida, entre elas a realizada polo
estudio coruñés de Sellier convertida nunha das imaxes máis coñecidas de
Rosalía de Castro, na que aparece cun chapeu de plumas. O mesmo
retrato, feito nos primeiros anos de década de 1880, pode verse nunha copia en
forma de óvalo e noutra reprodución sobre o debuxo dunha
tea.
Rosalía sendo aínda unha moza,
no ano 1855, fotografada por Mr. Encausse et Cie -con estudio na rúa do Vilar
de Santiago de Compostela-, un retrato realizado entre 1865 e 1875 ou a
fotografía na que a escritora posa coa familia no exterior Casa da Matanza en xullo de 1884 son tamén parte das imaxes que
incrementan desde hoxe os documentos da RAG dixitalizados dispoñibles a través
de Galiciana.
A fotografía do retrato pintado por Ricardo Camino e unha tarxeta publicitaria de Ceregumil con
debuxo e biografía de Rosalía datada entre 1910 e 1920 completan a relación de
documentos.
Fonte, R.A.G
26 feb 2018
CERTAME DE GRAFFITIS
1. Convocatoria e participantes
que comprende dúas categorías:
2. Premios e condicións
- O segundo premio de cada categoria será de 1 5 euros en material escolar
3. Presentación de bosquexos.
4. Prazo de presentación
5. Tema.
6. Técnica
A técnica utilizada para a realización do graf fiti será calquera que o autor/a considere oportuna e que poida ser reproducida en tañaño A3 ou maior. Logo de ser dixitalizada, enviarase por correo electrónico ao devandito enderezo mail. (Os primeiros e segundos permios de cada categoría serán reproducidos en maior tamaño e expostos nos corredores do Centro). Aqueles traballos non premiados poderán, de ser o caso, expostos en tamaño A3 nos corredores do centro xunto aos premiados.)
7. Xurado e fallo do concurso
Calquera das dúas categorías do certame poderá quedar deserta.
A efectos do Certame o xurado valorará: a orixinalidade, calidade artística, dificultade de execución e fidelidade ao tema do Certame.
Os convocantes poderán reproducir os graff itis
nas súas páxinas web, nas súas publicacións, carteis, blogs, etc
ou noutros soportes propagandístico ou informativos, aparecendo sempre a autoría.
Os participantes renuncian a calquera dereito de autor sobre os traballos presentados.
A participación na presente convocatoria obriga
a aceptación destas bases. Tanto os
organizadores como o xurado poderán interpretar estas bases en todos aqueles aspectos non previstos nas mesmas. Calquera modificación destas bases será
anunciada debidamente.
A data e hora de entrega de premios será comunicada na Web do centro e no blog do ENDL “As Trasnadas do Xoán”.
15 feb 2018
ENCONTRO DE MÚSICA EN GALEGO "SON EN GALEGO"
O 28 de febreiro, mércores, tes unha cita na aula de música no tempo de lecer!!!!
Un ano máis "son en galego"
Un ano máis "son en galego"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
